AD

Actualidad

Este venres arranca a nova edición de Prima, a «festa do comercio local» de Santiago

today13 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Música, pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos conforman a programación de «Prima 24», a festa do comercio local que se desenvolverá ao longo do venres 14 e do sábado 15 de xuño en diferentes barrios da cidade. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira Promoción Económica, María Rozas, farán este venres un percorrido para coñecer de primeira man as popostas comerciais e lúdicas que ofrece cita consolidadana cidade, nun paseo que arrancará da praza de Cervantes ás 18:00 horas.

A festa do comercio local celebrará a súa cuarta edición os días 14 e 15 de xuño, cun amplo programa de dinamización que chegará a diferentes espazos da cidade. Así, na tarde do venres 14 haberá diferentes pasarrúas: na zona vella correrá a cargo da banda Tanto nos ten; Pulpiño Viascón levará o seu show itinerante «A Trikidisco» por Conxo e Pontepedriña; e na zona de Concheiros e San Pedro atoparémonos coa montaxe «O estrano caso do dentista da rúa Blasov», de Troula Animación. Mentres, na Praza Roxa desenvolverase a chamada «Prima pequena», unha festa infantil con maxia e música, coas actuacións de Mamá Cabra, Joshua Kenneth e Pakolas.

Xa no sábado 15, o «Prima 24» chega cargado de propostas para todos os gustos. A praza de Cervantes acollerá unha exhibición dos mestres artesáns de Ourives de Compostela, que se vai desenvolver en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Entretanto, na Praza Roxa actuará o Trío Detrés co seu espectáculo «+Ritmo» a partir das 12.00 horas. Na axenda do sábado inclúense tamén cadanseu pasarrúas pola zona vella e polo Ensanche. O primeiro será pola mañá, coas acrobacias e malabares da compañía Tótem; e o segundo pola tarde, co repertorio de jazz dos Dixie Kings. Por último, a praza de Feixóo será escenario de dous concertos: a partir das 13.00 horas a cargo da Ukestra do Medio, e ás 20.00 horas de Anxo Araújo. No caso de chuvia, estes concertos serán na praza de Mazarelos.

Ruleta de agasallos

A festa do comercio complétase coa xa tradicional ruleta de agasallos «Eu merco aquí», que estará instalada o venres pola tarde na praza Roxa e o sábado pola mañá na praza do Toural. Nela poderán conseguir diferentes premios todas as persoas maiores de 16 anos que presenten un tícket por unha compra realizada no comercio de Santiago entre o 10 e o 15 de xuño, por un importe igual ou superior a 5 euros. Cada tícket dá dereito a unha tirada, e cada persoa non poderá recibir máis de tres premios, que serán agasallos mercados no comercio local.

Participación activa do comercio

Os e as comerciantes sumárense á festa sacando os seus produtos ás beirarrúas, adornando as súas tendas para a ocasión, e difundindo a cartelería para informar á súa clientela da programación. O Concello, como en anos interiores, distribuiu bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí, que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, farán mañá pola tarde un percorrido polas diferentes zonas comerciais que arrancará ás 18:00 horas na praza de Cervantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%