AD

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o deterioro ao que o BNG está condenando ao polígono da Sionlla

today14 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • “Os nacionalistas deberían traballar para garantir que as empresas poidan desenvolver a súa actividade nun entorno axeitado e competitivo, subliñou, esta infraestrutura debe ser segura e atractiva para empresas, traballadores e clientes”.
  • “Descoñecemos, pregúntase e popular, se o BNG teñen previsto activar por fin os mecanismos para por en marcha a entidade de conservación, así como si van a adoptar algunha medida para subsanar as deficiencias existentes mentres esta se constitúe, co fin de garantir que as empresas poidan levar a cabo a súa actividade en axeitadas condicións”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, denuncia o desleixo do BNG, que xunto cos anteriores gobernos “dos seus socios”, está a condenar ao polígono da Sionlla pola súa inoperancia na xestión. “Os nacionalistas deberían traballar para garantir que as empresas poidan desenvolver a súa actividade nun entorno axeitado e competitivo, subliñou, esta infraestrutura debe ser segura e atractiva para empresas e traballadores”.

A popular destacou que na acta de recepción das obras se deixa claro que será a Entidade Urbanística de Conservación, que debe crearse, quen asuma o mantemento desta infraestrutura, pero para constituír dito organismo, é urxente que os nacionalistas aproben os estatutos que, desde hai anos lle ven enviando Xestur e que, os distintos gobernos, BNG, CA e PSOE, rexeitan reiteradamente.

Por outra banda, subliñou Otero, no mes de maio de 2022, Xestur avisou ao Concello de que non podía seguir contratando os servizos de conservación e mantemento das luminarias, posto que a normativa de contratación que lle é de aplicación non llo permite.

A concelleira popular remarca que, “pese a isto, o Concello continuou sen reaccionar e sen dar á cuestión a importancia que ten, de aí, entre outras cousas, os problemas de iluminación que se veñen producindo”.

A edil popular subliña que esta situación fai que empresarios, traballadores e clientes do Polígono da Sionlla estean a sufrir as consecuencias da falta dunha adecuada iluminación en zonas como a rúa de Castela e León e as vías anexas, o que supón unha situación de inseguridade e sensación de abandono, o que afecta negativamente aos negocios alí establecidos e á capacidade para atraer novas empresas.

“Descoñecemos -pregúntase e popular- se os nacionalistas teñen previsto activar por fin os mecanismos para pór en marcha a entidade de conservación, así como si van a adoptar algunha medida para subsanar as deficiencias existentes mentres esta se constitúe, co fin de garantir que as empresas poidan levar a cabo a súa actividade en axeitadas condicións.

Por outra banda, Otero destacou que “a entrada en funcionamento do Orbital, fará máis necesario aínda o mantemento, polo que o BNG debería facer os deberes co fin de coidar o valor que ten este polígono para a cidade”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%