AD

Onda Chicha

16 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Onda Chicha xa ten pechado o cartel do seu gran festival final. As bandas Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos serán as encargadas de subir ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela o próximo 13 de xuño, nunha sesión vermú que dará comezo ás 13:00 horas, e coa que se pechará esta primeira edición do proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago. As tres formacións foron seleccionadas entre as gañadoras das sete convocatorias de Onda Chicha. Ao […]

today24 mayo, 2026

Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha

A banda Fuego Lolita convértese no proxecto gañador da sétima e última convocatoria de Onda Chicha, o programa impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para apoiar, visibilizar e impulsar novas propostas musicais galegas. Procedentes da nova escena emerxente, Fuego Lolita presenta unha proposta de pop-punk fresca, directa e cargada de enerxía, cun estilo que transforma as preocupacións da xeración Z en cancións rápidas, bailables e cheas de ironía. A banda destaca tamén polo seu potente directo e pola conexión […]

today18 mayo, 2026

Actualidad

Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia

A banda do Carballiño destaca en Radio Líder Santiago a importancia da visibilidade para grupos emerxentes e reivindica a música en galego como sinal de identidade A banda Skadelos, gañadora da sexta convocatoria do proxecto musical Onda Chicha, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista marcada pola ilusión, a reivindicación cultural e a análise do momento actual da música galega. O grupo, formado no Carballiño, repasou a súa traxectoria, desde os seus inicios en formato acústico ata a […]

today28 abril, 2026

Actualidad

Skadelos incorpórase ao palmarés de Onda Chicha como gañador da sexta edición

A iniciativa de Chichalovers e Radio Líder Santiago, centrada en impulsar a música emerxente galega, ten aberto xa o prazo da súa sétima e última convocatoria A banda Skadelos convértese no proxecto gañador da sexta convocatoria de Onda Chicha, o programa impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago que busca apoiar, visibilizar e dar impulso a novas propostas musicais en Galicia. Procedentes do Carballiño, Skadelos nace como unha banda formada por un grupo de mozos que decidiron levar ao escenario […]

today17 abril, 2026

Arte y Cultura

Derrotismo alegre e punk noventeiro, así soa Noite Atari: “En Galicia hai bandas a patadas, faltan escenarios”

A banda gañadora da quinta convocatoria de Onda Chicha repasa en Radio Líder Santiago a súa traxectoria, influencias e unha visión crítica da escena musical galega actual A banda galega Noite Atari, gañadora da quinta convocatoria do concurso Onda Chicha, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista marcada pola naturalidade, o humor e unha mirada crítica sobre a realidade da música en Galicia. O grupo, formado por Dani, Miguel e Álex —coa ausencia de Nano por motivos laborais—, […]

today30 marzo, 2026

Destacado

A banda compostelá Noite Atari gaña a quinta convocatoria de Onda Chicha

A iniciativa de Chichalovers e Radio Líder Santiago, creada para apoiar, visibilizar e impulsar a música emerxente en Galicia, mantén aberto ata o 29 de marzo o prazo da súa sexta convocatoria para novas bandas e artistas A banda compostelá Noite Atari é a gañadora da quinta convocatoria de Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago para dar visibilidade e oportunidades a bandas e artistas emerxentes da escena musical galega. Noite Atari naceu en Santiago de […]

today13 marzo, 2026

Actualidad

Pulpa: “Para unha banda emerxente, Onda Chicha é un dos poucos raios de luz para darse a coñecer”

A banda de Narón fala sobre o seu son, as dificultades da escena musical e o impulso que supón gañar a cuarta convocatoria de Onda Chicha, concurso impulsado por Chichalovers e Radio Líder Santiago. A banda galega Pulpa, gañadora da cuarta convocatoria do proxecto musical Onda Chicha, continúa abríndose camiño nun panorama musical complexo para os grupos emerxentes. Nunha entrevista radiofónica, dous dos seus integrantes, Nelson e Serxio, repasaron os inicios da banda, as súas influencias e as dificultades ás […]

today10 marzo, 2026 2

Actualidad

Graciela Castro: “Onda Chicha é unha comunidade preciosa que non deixa de medrar”

A iniciativa impulsada por Radio Líder Santiago e Chichalovers alcanza o seu ecuador cunha quinta convocatoria de récord en inscricións, tras superar os 2.200 votos do público na edición anterior, e prepara o ChichaFest do 13 de xuño na Sala Capitol Onda Chicha chega ao seu ecuador consolidando unha rede de talento arredor da música emerxente en galego. Trátase dun proxecto creado para impulsar, visibilizar e apoiar novas bandas e artistas galegos, ofrecéndolles espazos de promoción e oportunidades profesionais. Promovido […]

today4 marzo, 2026

Actualidad

Pulpa impónse na cuarta convocatoria de Onda Chicha cun récord de participación do público

Xa está aberto o prazo da quinta edición de Onda Chicha, despois dunha cuarta convocatoria na que se duplicou a participación do público, e tras coroar anteriormente a Lisdexia, Amaramar e Why Not? como proxectos gañadores Onda Chicha consolídase como unha plataforma para a música emerxente en Galicia tras pechar a súa cuarta convocatoria, na que a banda Pulpa, de Narón, resultou proxecto gañador. Onda Chicha é unha iniciativa conxunta de Chichalovers e Radio Líder Santiago, que conta coa colaboración […]

today13 febrero, 2026

AD