Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 marzo, 2026
A instalación dunha pasarela sobre o punto de incorporación ao periférico (SC-20) desde a AP-9 e a autovía de Brión (AG-56) supón un paso clave para desbloquear o proxecto da senda ciclista que conectará O Milladoiro coa estación intermodal de Santiago. A estrutura foi colocada este xoves, tres semanas despois de que o Consello da Xunta aprobase a modificación do trazado para evitar a afección ao entorno histórico do Banquete de Conxo.
Os traballos obrigaron a cortar o tráfico entre as 9.00 e as 20.00 horas en varios ramais de acceso á SC-20 e á AG-56, nunha das zonas con maior densidade circulatoria da cidade. Durante ese tempo habilitáronse itinerarios alternativos para facilitar os desprazamentos dos condutores.
O proxecto da senda ciclista terá un percorrido total de 13 quilómetros e contará cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, financiados con fondos europeos do programa Next Generation. Coa modificación do trazado, a Xunta busca resolver o tramo máis delicado da actuación e avanzar na execución dunha infraestrutura pensada para mellorar a mobilidade sostible entre O Milladoiro e Santiago
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)