AD

Actualidad

Comezan as obras de humanización da rúa Agrelo, en Bertamiráns

today24 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

binary comment

O alcalde, Blas García, destaca que “esta actuación vai devolverlle a vida a unha rúa céntrica de Bertamiráns para que poida aproveitar de novo todo o seu potencial”

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a remodelación da rúa Agrelo súmase ás numerosas actuacións que estamos a realizar nos nosos núcleos urbanos para facelos máis humanos e vivibles”

O alcalde, Blas García, e os edís de Urbanismo e Obras, Víctor Fernández e Gustavo Nieto, reuníronse en outubro do ano pasado coa veciñanza para explicarlle o proxecto e resolver dúbidas

Ames, 24 de maio de 2024.- Hoxe comezaron os traballos de humanización da rúa Agrelo, situada en Bertamiráns. Estas obras foron adxudicadas, na Xunta de Goberno Local do 29 de febreiro, á empresa Construcciones D. Ogando SL, por un importe de 318.097,61 euros (IVE incluído). O Goberno municipal traballa na mellora e humanización das rúas dos núcleos urbanos e das estradas e vías interiores dos núcleos do rural. Este proxecto enmárcase dentro do POS+ Adicional 2/2023. Deste xeito, dáselle continuidade á humanización da Améndoa central de Bertamiráns, que estivo cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

O obxectivo do Goberno municipal é facer que as rúas e espazos públicos sexan máis amables para a veciñanza coa finalidade de favorecer que os percorridos cotiáns se realicen a pé. Agora, quérese continuar coa humanización da rúa Agrelo, que linda coas rúas Entrerríos e Alcalde Lorenzo xa humanizadas previamente. Para iso a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 29 de febreiro a adxudicación das obras de humanización da rúa Agrelo, en Bertamiráns, por 318.097,61 euros (IVE incluído). Este proxecto, que foi adxudicado á empresa Construcciones D. Ogando SL, enmárcase dentro do POS+ Adicional 2/2023.

O alcalde, Blas García, destaca que “o Concello de Ames vai devolverlle a vida a unha rúa céntrica do núcleo de Bertamiráns que, na actualidade, non está a aproveitar todo o seu potencial. A actuación de Agrelo non é máis que a continuación do proceso de transformación no que o Concello de Ames ten inmersos aos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns para facelos máis amables, habitables e no que as persoas recuperen o seu espazo na rúa”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a remodelación da rúa Agrelo súmase ás numerosas actuacións que estamos a realizar nos nosos núcleos urbanos para facelos máis humanos e vivibles”.

Características do proxecto

As actuacións proxéctanse sobre o sistema viario existente, pensado e proxectado dende a perspectiva do automóbil e teñen por obxecto reverter esta situación en favor do tránsito peonil e ciclista, de maneira que a rúa Agrelo se converta na conexión entre a Améndoa central de Bertamiráns e o paseo fluvial, dando prioridade aos percorridos a pé e en bicicleta fronte ao tráfico rodado. Con este fin dotarase á rúa dun carril en sentido único de circulación, aparcamento en liña e beirarrúas máis amplas.

Tendo en conta as características actuais da rúa, divídense as actuacións en tres treitos. O primeiro é o treito que entronca coa rúa Entrerríos que contará cun carril de 3,50 metros, unha banda de aparcamento de 2,50 metros e beirarrúas de 5,50 metros e 2,50 metros nas marxes esquerda e dereita, respectivamente.

No segundo treito que entronca coa rúa Alcalde Lorenzo disporase un carril de 3,50 metros, dúas bandas de aparcamento en liña de 2,50 metros e beirarrúas de 3,00 metros e 2,50 metros nas marxes esquerda e dereita, respectivamente. Por último, no treito intermedio disporase unha zona de convivencia do tráfico peonil e rodado nunha plataforma elevada, co fin de dar continuidade ao itinerario peonil e ciclista dende a Améndoa central cara o paseo fluvial.

Xuntanza coa veciñanza de Agrelo

Previamente á licitación do proxecto, o alcalde, Blas García, reuniuse a finais do pasado mes de outubro coa veciñanza da rúa Agrelo, en compaña dos concelleiros de Obras e Urbanismo, Gustavo Nieto e Victor Fernández, así como un técnico da empresa redactora do proxecto, Estudo Técnico Galego. Esta xuntanza respondeu á vontade dos presidentes das comunidades de propietarios de coñecer de primeira man o proxecto de humanización da rúa Agrelo, aínda que foi aberta a calquera veciño e veciña que quixese participar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%