AD

Actualidad

O Pazo de San Lourenzo acolle este domingo ‘Sabor a novo’ potenciando a artesanía galega e o comercio local

today12 junio, 2024

Fondo
share close
AD

12/06/2024 Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo 16 de xuño en «Sabor a novo», un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é «poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para atraer a novos públicos».

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou esta mañá o evento «Sabor a novo», nunha rolda de prensa na que tamén participaron a súa organizadora e directora de Correveydile, Mónica Mejías; a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; e a xerente do Pazo de San Lourenzo, Charo Barca. María Rozas salientou que «o Concello comparte todos os obxectivos cos que nace esta actividade, que pretende dinamizar as compras nun momento complicado para o comercio de proximidade que se enfronta a moitas dificultades fronte á competencia das vendas online». A concelleira destacou que «Sabor a novo» terá lugar o domingo, «pechando unha fin de semana de festa no comercio local, posto que o venres e o sábado celebraremos o evento Prima 24, tamén para poñer en valor o noso comercio».

Medio cento de marcas e moitas actividades complementarias

En «Sabor a novo» participarán medio cento de marcas galegas, que amosarán e venderán as súas coleccións de moda, xoias, bixutaría, cerámica, cestería, marroquinería, decoración ou productos alimentarios. Desta maneira, os visitantes coñecerán poderán descubrir as novas coleccións dos obradoiros con selo de Artesanía de Galicia, así como de novos productores, creadores e artistas galegos.

Ademais, nos xardíns do Pazo de San Lourenzo haberá moitas actividades complementarias: concertos como o de Zeltia IreVire; sesións picadiscos con Peter Sélek; obradoiros de creación artesanal coas técnicas de cianotiia e gyotaku; e tamén unha interesante oferta gastronómica. A entrada ao evento, que se desenvolverá a partir das 12 horas, é de balde, e haberá un servizo de gardería-ludoteca para a cativada.

O evento «Sabor a novo» será tamén unha oportunidade única para coñecer o Pazo de San Lourenzo, un espazo privado mais incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional. As actividades da feira desenvolveranse tanto nos xardíns como no claustro e nos diferentes salóns do edificio, «onde se cre que Rosalia de Castro buscou inspiración para Follas Novas, onde pasaba as súas vacacións o emperador Carlos I de España e V de Alemania, e onde di a lenda que estivo encerrado Santiago Pedro Muñiz acusado de nigromante».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%