AD

comercio

131 Resultados / Página 1 de 15

Fondo
AD

Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A iniciativa desenvolverase entre o 15 e o 30 de maio e sorteará 1.000 euros en tarxetas prepago entre as persoas participantes O Concello de Padrón, xunto ao de Rois e de Dodro participarán desde este venres, 15 de maio, nunha nova edición da campaña autonómica 𝑴𝒆𝒓𝒄𝒂 𝒏𝒐 𝒕𝒆𝒖 𝑪𝒐𝒎𝒆𝒓𝒄𝒊𝒐, unha iniciativa impulsada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar as compras no comercio de proximidade e […]

today16 mayo, 2026

Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, comezou dicindo “en Ames témolo todo e queremos que as empresas, os establecementos comerciais e hostaleiros estean xeolocalizados nunha única aplicación. O obxectivo é que a veciñanza poida localizar aquel servizo que necesita dunha maneira áxil e sinxela. Con esta ferramenta queremos poñer en valor a todas as empresas de Ames” O técnico municipal de Promoción Económica e Emprego, Pablo Bello, sinalou o interese polo desenvolvemento desta plataforma por parte do departamento, […]

today6 mayo, 2026

Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio

O Concello de Boiro colabora coa campaña da Asociación Boirense de Empresas “Compras con Corazón 2026”. O concelleiro, Marcos Fajardo, participou na presentación da campaña xunto co presidente da ABE, Daniel García. Esta iniciativa pasa a integrarse de maneira estable no calendario anual de accións de dinamización comercial do municipio logo do éxito acadado na edición anterior ao ser finalista nos Premios Comercio Galego. A campaña desenvolverase ata o vindeiro 23 de maio, combinando incentivos directos ao consumo co desenvolvemento […]

today5 mayo, 2026

Actualidad

O PP propón esta medida para reverter o preocupante peche de comercios en Santiago

Como subliñou Olaya Otero, “levamos tempo alertando da situación do comercio en Santiago e, desafortunadamente, as últimas novas ao respecto deste e outros sectores económicos, veñen a darnos a razón”. A popular insistiu en que, “ante a gravidade da situación actual, advertimos ao goberno de BNG e CA que medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes e se fai necesario e urxente desenvolver un plan estratéxico con iniciativas concretas para cada un dos sectores económicos da cidade”. A concelleira […]

today16 abril, 2026

Actualidad

Gran éxito do Mercamelide de Inverno con elevada afluencia e 30 comercios participantes

O Goberno local do Concello de Melide valora de maneira moi positiva o desenvolvemento do Mercamelide de Inverno, celebrado esta fin de semana no Pazo de Congresos, coa participación de preto de 30 establecementos da vila. O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, destacou a elevada afluencia rexistrada ao longo das dúas xornadas e fixo un bo balance da cita. “En termos xerais a valoración é moi positiva, xa que houbo unha boa participación durante toda a fin de semana”, sinalou. […]

today23 febrero, 2026

Comarca

Xosé Igrexas: «En Melide activamos máis de 36 accións anuais para impulsar o comercio local»

O tenente alcalde e edil de Comercio destaca o crecemento de MercaMelide, a feira do saldo que se celebra esta fin de semana en Melide, a transformación da web comercial e a necesidade de unión institucional para fortalecer a economía da vila, asociaciada, sen dubida, ao Camiño Francés.  O tenente alcalde de Melide e responsable da área de Comercio, Xosé Igrexas, participou nos estudos de Radio Líder Santiago nunha entrevista na que fixo balance das políticas de promoción económica do […]

today19 febrero, 2026

Comarca

Mercamelide regresa o 21 e 22 de febreiro con preto de 30 comercios participantes

O Mercamelide de inverno volverá converter a vila de Melide nun gran escaparate comercial durante a fin de semana do 21 e 22 de febreiro, cunha edición que chega con forza ao duplicar o número de establecementos participantes, ata acadar case 30 comercios locais. A presentación oficial do evento tivo lugar coa presenza do alcalde, José Manuel Pérez, do concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, así como de representantes do comercio da localidade, que deron a coñecer o cartel anunciador desta […]

today9 febrero, 2026

Actualidad

O Concello pon en marcha ‘Sabores de Padrón, a ruta da croqueta’ para dinamizar a hostalería local

A iniciativa, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro, está aberta á participación de bares e restaurantes da vila Os establecementos interesados deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro  O Concello de Padrón, a través de Padrón Turismo, pon en marcha Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, unha nova iniciativa gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor a creatividade da hostalería local e dinamizar a vida social e económica da vila […]

today11 enero, 2026

Comarca

Os Bonos Consuma xeraron preto de 250.000€ de gasto no comercio local de Ames

O orzamento de 60.000€ esgotouse en menos de dúas semanas,  consolidando deste xeito os Bonos Consuma como un gran atractivo para os clientes e unha gran axuda para os comerciantes Nesta edición adheríronse á campaña un total de 108 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames de practicamente todos os sectores Ames, 7 de xaneiro de 2026.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, iniciou o pasado 19 de decembro unha nova campaña das tarxetas desconto “Bonos […]

today7 enero, 2026

AD