AD

Actualidad

O PP de Santiago pídelle ao BNG que traballe para garantir un servizo de comedor digno

today22 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • Rubio subliñou que “non podemos seguir permitindo que a incompetencia dos nacionalistas continúe afectando á nosa veciñanza, polo que esiximos que se deixen de marear con estudos interminables e promesas baleiras”.
  • Desde hai máis de dez anos, as escolas infantís municipais contan con cociña propia e un bo funcionamento, ademais, o comedor do CEIP López Ferreiro, xestionado pola propia ANPA, tamén ten cociña propia e traballa con notable eficacia, “son estes modelos claros dos que os nacionalistas poden coller exemplo”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, pediulle hoxe, en rolda de prensa, ao BNG que asuma as súas responsabilidades e que traballe co fin de garantir un servizo de comedor digno e eficiente para os nenos e nenas composteláns.

Rubio subliñou que “non podemos seguir permitindo que a incompetencia e a falta de visión dos nacionalistas continúe afectando á nosa veciñanza”, polo que “esiximos que se deixen de marear con estudos interminables e promesas baleiras, xa que é hora de actuar e de implementar un modelo de comedores escolares eficiente e de calidade”.

“O que parece inaceptable é que o BNG presente como novidade a idea dunha cociña central que prepare os menús escolares para logo distribuílos aos centros, algo que xa se está facendo actualmente coa empresa adxudicataria en Roxos, resulta inadmisible que tenten vendernos como innovación o que xa está en marcha, nun intento de confundir á cidadanía con titulares baleiros e promesas sen cumprir”, subliñou.

Para o popular, as declaracións dos nacionalistas son un claro exemplo da falta de seriedade e visión e “consideramos incrible que, tras un ano no goberno, sigan falando de estudos e proxectos piloto, cando xa hai casos de éxito en Santiago que demostran que isto é perfectamente viable”, indicou.

Hai máis de dez anos, as escolas infantís municipais contan con cociña propia e un bo funcionamento, ademais, o comedor do CEIP López Ferreiro, xestionado pola propia ANPA, tamén ten cociña propia e traballa con notable eficacia, “son estes exemplos claros dos que os nacionalistas poden coller exemplo”.

Borja Rubio explicou que a competencia para xestionar o servizo de comedor corresponde exclusivamente ao Concello, “pero o BNG, incidiu, en lugar de asumir a súa responsabilidade, segue botando balóns fóra, pero hai que lembrarlles que existe un convenio asinado e renovado por eles mesmos coa Consellería de Educación, que supuxo un incremento na achega do Goberno galego nun 10%, alcanzando os 213.000 euros.

“É máis, engadiu o popular, a sinatura do acordo atrasouse pola falta de xustificación, por parte dos nacionalistas, das cantidades recibidas en cursos anteriores, un feito que é unha mostra máis da ineficacia e desorganización do actual goberno”, reiterou.

Para o popular, non ten sentido realizar estudos de implantación de cociñas sen contar coa Xunta e non ten sentido non traballar conxuntamente coa Consellería de Educación para mellorar este servizo que xestiona o Concello, esta situación fai “evidente que o goberno en minoría non ten un plan claro, nin a capacidade para xestionar adecuadamente os servizos públicos”..

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%