AD

Actualidad

A SD Compostela retransmitirá o partido do ascenso a Primeira nos cines de As Cancelas

today21 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • O sábado 1 de xuño, ás 12.00 horas, o cine das Cancelas emitirá o histórico ascenso de Oviedo

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024 30 anos dun Ascenso de Cine. Tres décadas despois daquel 1 de xuño de 1994 histórico para a SD Compostela e para a cidade de Santiago, os cinemas do Centro Comercial As Cancelas tinguiranse de branquiazul para revivir un partido único que segue moi presente nas retinas dos afeccionados compostelanistas.

Para conmemorar esa fazaña, e coa colaboración do noso patrocinador, o club emitirá o partido íntegro contra o Raio Vallecano nunha das salas do cine das Cancelas. Será, precisamente, o sábado 1 de xuño, ás 12.00 horas, nunha matinal con ambiente doutra época.

Un evento para o recordo, no que volveremos cantar os goles de Ohen e de José coma se estivésemos no Tartiere. Unha cita, exclusiva para os abonados do Compos, coa que lembrar aquel día tan especial que paralizou a capital galega e que acabou da mellor maneira, con ese merecido ascenso grazas a un equipazo de época que estaba comandado por Fernando Castro Santos.

Para iso, e con motivo da emisión do encontro, gozaremos coa presenza dalgún daqueles heroes, convidados especiais a esta proxección. Ademais, haberá agasallos para os asistentes e uns petiscos ao finalizar, un convite no que compartir sensacións, recordos e anécdotas daquel día.

Acceso gratuíto, previa inscrición: INSCRICIÓN AQUÍ

O acceso será gratuíto, previa inscrición, xa que o aforo da sala é limitado. Para inscribirse, habilitamos a seguinte ligazón (solicitarase o número de abonado para completar o proceso): https://app.cluber.es/clubs/64770af75c3ab340920086/

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%