AD

Actualidad

Rueda reivindica Galicia como terra acolledora e destaca o peso do turismo madrileño

today22 enero, 2025

Fondo
share close
AD

Salienta que máis de 1,2 millóns de madrileños visitaron Galicia entre xaneiro e outubro de 2024, sendo a comunidade que máis viaxeiros aporta

Madrid é a segunda autonomía con máis peregrinos, con 35.000 o pasado ano

Resalta os bos datos do sector en Galicia, que permite seguir incrementando o número de visitantes de xeito ordenado

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou onte Galicia como terra acolledora e hospitalaria, destacou que o turismo procedente de Madrid é fundamental para o sector en Galicia sendo a comunidade que máis viaxeiros aporta e apostou por seguir estreitando as relacións entre ambas autonomías.

Durante o acto ‘Madrid, tengo algo que decirte’, que se celebrou na Casa de Galicia e no que participou o alcalde da capital española, José Luis Martínez Almeida, Rueda lembrou que máis de 1,2 millóns de turistas procedentes de Madrid visitaron a comunidade galega durante os dez primeiros meses de 2024. Ademais, 35.000 madrileños fixeron o Camiño de Santiago, o que sitúa a Madrid como a segunda comunidade con máis peregrinos, só por detrás de Andalucía.

Rueda resaltou que Galicia e Madrid comparten o ser terras abertas e acolledoras que reciben cos brazos abertos a todos os que queiran vivir, traballar ou visitar o seu territorio. Nesta liña, lembrou que o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas e agradeceu aos madrileños a boa acollida que fan de todos os galegos que residen na capital.

O presidente autonómico salientou a aposta da Xunta por seguir reforzando as relacións entre as dúas comunidades e, no eido do turismo, animou aos madrileños a seguir viaxando a Galicia porque cada visita pode ser unha experiencia nova e totalmente distinta á anterior. Rueda salientou os grandes atractivos desta terra como as rutas que conforman o Camiño de Santiago, o vindeiro Ano Santo que se celebrará en 2027, as praias, o patrimonio cultural ou a gastronomía.

Máis turistas estranxeiros e unha maior desestacionalización

Por último, destacou os bos datos do sector turístico en Galicia que permite seguir incrementando o número de viaxeiros de xeito ordenado. Os últimos datos, de 2024, revelan que sube o número de peregrinos -case medio millón o pasado ano-, medra o turismo internacional -os estranxeiros son xa a metade dos peregrinos e máis do 30 % do turismo de toda a comunidade- e refórzase a desestacionalización con máis visitantes nos meses de marzo ou novembro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%