Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 octubre, 2024
10/10/2024 O Concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Dominguez, fai balance das consecuencias do paso da borrasca Kirk nos parques e nas zonas verdes da cidade. En total, víronse afectadas arredor de 60 árbores e ducias de exemplares sufriron a caída de pólas. O labor do Concello céntrase nestes momentos na retirada de árbores caídas nas calzadas e as avarías de distinto alcance «quedarán solucionadas ao longo da xornada de hoxe e de mañá».
Acompañado do xefe de Parques e Xardíns, Gregorio López, o concelleiro Xesús Domínguez agradeceu «a implicación de todas as persoas traballadoras dos distintos servizos e dos equipos de emerxencias e atención á cidadanía pola implicación nunha longa noite do mércores e xornada do xoves» e recordou o carácter «excepcional» deste temporal «con ventos que alcanzaron os 114 km/h, unha acumulación de precipitacións de máis de 48 litros por metro cadrado, e cun pico nunha hora de 11,3 litros que provocou un regueiro de incidencias».
Xesús Domínguez explicou que as incidencias que se rexistraron «fóronse resolvendo puntualmente, priorizando as máis urxentes»como a retirada de árbores caídas nas calzadas e as avarías de distinto alcance, e concretou que a maior parte delas «quedarán solucionadas ao longo da xornada de hoxe e de mañá, salvo algunha na que a valoración inicial teñan un alcance maior».
Tamén se están a desenvolver outras «tarefas de máis longo percorrido», como as de avaliación dos danos sobre ás árbores, de reubicación dos contenedores movidos polo vento ou de limpeza de entullos, estas dúas últimas realizadas por Urbaser, á que Xesús Domínguez quixo agradecer «o importante esforzo feito polo servizo para manter a recollida de lixo durante a noite do temporal».
Parques e xardíns
O edil tamén detallou que hai «arredor de 60 árbores e ducias de exemplares afectadas pola caída de pólas de maior ou menor dimensión». No caso da Alameda vironse afectados tres tilos de gran porte e de «especial valor sentimental, paisaxístico e patrimonial», situados no paseo central, na zona do parque infantil e un terceiro na costa da facultade de Químicas, así como a caída dunha póla importante dun chopo do mirador e de varias pólas de diferentes dimensións no resto da Carballeira. En todo caso, Xesús Domínguez detallou que o número de árbores afectadas quedaría lonxe do un por cento, polo que «estamos falando dunha incidencia moi baixa» que se trataron de árbores «maduras que estaban sas» polo que «non se pode atribuír a súa caída a outra causa que tanto a intensidade puntual como a recurrencia no tempo aos fortes ventos».
Noutras zonas da cidades tamén se contabilizaron desperfectos materiais no patrimonio público e privado, «non só polas árbores senón tamén polos efectos da auga en distintos anegamentos, e aproveitou para mandar unha mensaxe de solidariedade a todas as persoas afectadas.
O Concello leva a cabo de xeito habitual labores preventivos e de vixilancia en todos os parques de Santiago, unha cidade que conta cunha amplísima extensión de zonas verdes que supera os 2,6 millóns de metros cadrados. A Alameda está dentro dos máis de 90.000 metros cadrados que teñen o máximo nivel de protección e coidado, polo que conta cun plan director, que implica un traballo diario e sistemático de vixilancia e execución de tarefas de escarda, poda, plantación, abonado, prevención de enfermedades, rega….En total aténdense con metodoloxías respectuosas preto de 48.000 árbores en parques en toda a cidade, dos que un milleiro están na Alameda
Xesús Domínguez pechou a súa intervención facendo un chamamento «a reflexionar sobre a importancia de manter uns ecosistemas fortes, que a infraestrutura verde sexa poderosa coma neste caso, porque a propia natureza fai de barreira e tamén nos protexe contra este tipo de episodios de grandes temporais e cambio climático».
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)