AD

Actualidad

A Casa de la Troya celebra este xoves unha xornada de portas abertas

today13 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Comeza así a súa temporada de primavera-verán, na que se poderán realizar visitas guiadas pola vella pensión de estudantes, en grupos de doce persoas como máximo

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Museo Casa de la Troya reabre este xoves, 16 de maio, polo Día Internacional dos Museos, o vindeiro día 18, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará ata mediados de outubro. Con motivo desta efeméride, celebrarase unha xornada de portas abertas o propio xoves, con visitas guiadas cada media hora para grupos cun máximo de doce persoas. O horario da Casa de la Troya é o habitual, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. O museo abrirá de xoves a sábado ata mediados de xullo, e logo xa en horario continuado (de martes a sábado) ata outubro, pechando domingos e luns.

Benigno Amor é o director do museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Indica que “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya e salienta que “nesta nova temporada agardamos superar a cifra de visitantes do ano anterior”.

A finais de maio regresarán os Roteiros Troyanos, percorridos teatralizados polo casco histórico da cidade e a Casa de la Troya, guiados por Casimiro Barcala, personaxe da novela de Lugín. Algún destes roteiros levará o acompañamento musical de Troyanos de Compostela, a agrupación de pulso e púa do museo.

Unha antiga pensión de estudantes

A Casa de la Troya abría as súas portas como museo en Santiago hai 31 anos, o 27 de febreiro de 1993. Recrea a antiga pensión estudantil inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela do mesmo título. Está ambientada con mobles e útiles da época. Conserva fotografías, cadros e obxectos diversos que pertenceron a algunhas das persoas reais que inspiraron os personaxes que aparecen no libro; ademais dunha biblioteca histórica, que se compón de exemplares de distintas edicións da novela, de autores relacionados coa obra de Lugín e outros de temática compostelá.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%