AD

Actualidad

A Tuna de Compostela, de ‘comparsa’ do Entroido a ser parte da banda sonora da cidade

today1 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Este sábado, 2 de marzo, o Auditorio Abanca de Santiago, acolle o VI Encontro Troyano de Compostela que promete ser un evento inesquecible onde a harmonia das cordas pulsadas encherá o corazón dos asistentes.

Benigno Amor, presidente da Asociación Antigos Tunos Compostelanos e director do Museo da Casa da Troia, desvelou as raíces da tuna en Compostela nunha recente entrevista en Radio Lider Santiago. Segundo Amor, as tunas na cidade comezaron como «comparsas» do entroido no ano 1873, un legado histórico que se mantén vivo hoxe en día. Entre as tunas activas actualmente, destaca a da facultade de Dereito, así como dúas tunas de veteranos e a do grupo de troyanos.

O obxectivo dos VI Encontros Troyanos en Compostela é reunir en Santiago agrupacións musicais de corda pulsada, maiormente compostas por antigos tunos, para deleite dos cidadáns e visitantes. Este evento conta co apoio da Deputación da Coruña e Afundación – Obra Social Abanca.

Benigno Amor nos estudios de Radio Líder Santiago

O prato forte destes encontros será o concerto que terá lugar no Auditorio Abanca a partir das 19:00 horas. As entradas para o mesmo están á venda por 5 euros para o patio de butacas e 3 euros para o anfiteatro, coa recadación destinada ao Museo Casa de la Troya. Os interesados poderán adquirir as súas entradas no Museo Casa de la Troya os días 29 de febreiro e 1 de marzo, así como o día do concerto no Auditorio Abanca.

Benigno Amor expresou o entusiasmo da asociación ao levar a súa música a cidadáns e visitantes de Compostela. «Continuamos coa liña de anteriores Encontros de achegar as nosas músicas tanto á cidadanía de Compostela como aos visitantes; co obxectivo de divulgar o noso repertorio, integrado por pezas que forman parte da banda sonora de Santiago, mesturando as cancións galegas con músicas de diferentes latitudes», afirmou.

Ademais dos anfitrións, os Troyanos de Compostela, o concerto contará coa participación da Tuna de ICAI, Tuna de Ingenieros Industriales de Zaragoza, Tuna Universitaria de Vitoria-Gasteiz e Tuna Ciudad de Luz de Eindhoven. Todas estas agrupacións, compostas por ex-alumnos universitarios que agora son profesionais en diferentes ámbitos, unirán as súas voces e instrumentos nunha mostra de camaradería e talento musical.

A agrupación Troyanos de Compostela, nacida en 2013, é unha iniciativa ligada ao Museo Casa de la Troya. O seu obxectivo é investigar, promover e divulgar a música das tunas en Santiago desde finais do século XIX e principios do XX, así como lembrar a obra de compositores galegos desa época. O grupo xa deixou a súa marca en numerosas actuacións tanto en Galicia como noutras localidades de España e Portugal, presentando incluso o seu propio disco «Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troia» en 2018.

A entrevista completa no seguinte enlace.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%