AD

Actualidad

Alejandro Campo, estudante do IES Rosalía de Castro, gaña o VII Premio Stephen Hawking

today8 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e co apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco, vén de celebrar o acto entrega dos VII Premio Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 54 proxectos asinados por 100 estudantes procedentes de 13 institutos. Marisol Soengas (Agolada, Pontevedra, 1968), directora do Grupo de Melanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), e presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro, foi a coordinadora desta sétima edición, que se desenvolveu baixo o lema Iniciativa e superación. Este certame conta cun premio ao mellor traballo de investigación, escollido entre os primeiros premios dos catro apartados nos que se divide o Premio: Ciencias Experimentais, Humanidades, Ciencias da Saúde e Matemáticas-Ciencias da Computación.

O gañador ao mellor traballo de investigación desta sétima edición do Premio Stephen Hawking foi para Alejandro Campo Herbés e o seu proxecto Estudio comparativo mediante dinámica molecular de los complejos de inclusión del Sugammadex con rocuronio, vitamina D3 y colesterol. Este traballo, ademais, foi o gañador do primeiro premio no ámbito das Ciencias Experimentais. Coordinouno o docente Jesús Fidalgo. É a segunda vez que Alejandro Campo Herbés se fai co galardón, xa que gañara na cuarta edición celebrada en 2022 cando estaba en terceiro da ESO.

O primeiro premio no ámbito de Ciencias da Saúde foi para o proxecto Añadiendo vida a los años, de tres alumnos do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña: Mario

Rodríguez, Sara Ruiz e Manuel Torrado. A coordinadora foi a profesora María Jesús Mourazos.

O primeiro premio no ámbito das Matemáticas e Ciencias da Computación foi para o traballo Los Cuaterniones, realizado por Area López Mera, Tiago Barbosa Pereira e Aldo Iglesias Rodríguez do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Coordinación polo docente Carlos Ferreiro García.

Por último, o primeiro premio no ámbito das Ciencias Sociais, Humanidades e Artes foi para o proxecto ¿Determina el lenguaje los límites de nuestro pensamiento? Una aproximación desde el tractatus Lógico-Philosophicus. Coordinación do profesor Javier Turnes.

Ademais, o xurado presidido por Marisol Soengas e conformado por investigadores, investigadoras e docentes decidiu conceder as seguintes mencións de honra:

  • ANÁLISIS DE LA DEGRADACIÓN ENZIMÁTICA DEL POLIETILENO TEREFTALATO A DISTINTAS TEMPERATURA    Realizado por: González Costa, Ruth do IES Plurilingüe Rosalía de Castro
  • PRODUCCIÓN DE BIOPLÁSTICOS A PARTIR DE AGUAS RESIDUALES. Realizado por: Lu Meitín, Iria; Zamorano Elena, Francisco Jesús do IES Plurilingüe Rosalía de Castro
  • REPROGRAMACIÓN FARMACOLÓGICA DE MACRÓFAGOS. Realizado por: Domínguez-Palacios  Raya, Alberto do IES Ramiro de Maeztu. Coordinado por: Alicia Martínez Burgos
  • EL IMPACTO DE LA ACTIVIDAD MARAGATA EN LA ECONOMÍA Y SOCIEDAD  GALLEGA.   Realizado por:Vaamonde Rodríguez, Jacobo doIES Rosalía de Castro. Coordinado por: Leopoldo Fernández Gasalla
  • CATÁLOGO DE IDENTIFICACIÓN Y OBSERVACIÓN DE AVES DE LUGO. Realizado por: Pedrouzo Martos, Carme do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Coordinado por: Pilar Illán
  • INFLUENCIA DA ARQUITECTURA ORGÁNICA NO CONTEXTO DA CIDADE DE LUGO. Realizado por: López Núñez, Iago       do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Coordinado por: Vitoria Quiroga Labrada
  • CONTROL DE ORIENTACIÓN DE PANELES SOLARES. Realizado por: Fernández López, Rubén ; González Siota, Lois; García Pérez, Iván       do IES Eduardo Blanco Amor Ourense. Coordinado por:Dolores Fernández Villanueva
  • SEMEJANZAS Y DIFERENCIAS  ENTRE LA GEOMETRÍA DE SUPERFIES PLANO, CILINDRO Y ESFERA. Realizado por: Curra Carballo, Aínvar; Pastoriza Paredes, David do IES As Barxas (Moaña). Coordinado por: Débora Pereiro Carbajo
  • ANÁLISIS DE LA ALTURA MÁXIMA DE UN COHETE DE AGUA. Realizado por: Scontrini, Fabrizio  do IES Castilla. Coordinado por: Carlos Sanz Martín
  • DESEÑO, MODELADO E IMPRESIÓN 3D DUN DISPOSITIVO PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE A VEHÍCULOS AUTOMOTORES. Realizado por: Hermida Rodríguez,Óscar ;  Rey García, Noelia; Serantes Álvarez, Javier do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda. Coordinado por: Elena Miranda Fernández
  • ESTUDIO DE LA INFLUENCIA DE LOS INCENDIOS SOBRE LA GERMINACIÓN DE ADENOCARPUS LAINZII. Realizado por: Rabuñal Reyes, Silvia do IES Plurilingüe Rosalía de Castro. Coordinado por: Óscar Cruz de la Fuente
  • ANÁLISE DA EFICACIA DO CABELO HUMANO NA LIMPEZA DOS VERTIDOS AOS RÍOS. Realizado por: Pumeda Iglesias, Sheila do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro.  Coordinado por: Elena Aguirre Fernández

 

Centros participantes

Dos 54 traballos presentados, 15 corresponderon a área de Ciencias Experimentais, mentres que 14 proceden do ámbito de Ciencias da Saúde e outros tantos, do campo das Matemáticas e Ciencias da Computación. Por último, 11 propostas inscríbense no eido das Humanidades, Ciencias Sociais e Artes. Dos 100 estudantes que participaron, 55 son rapazas e 45, rapaces.

Os centros galego que concorren son os seguintes: IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión, A Coruña),  IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Mariñas (Betanzos, A Coruña), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Liceo La Paz (A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña) IES Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e IES As Barxas (Moaña, Pontevedra). Dende Madrid participa o IES Ramiro de Maetzu e de Soria, o IES Castilla.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *