AD

Actualidad

Ames estivo en Fitur representado ás asociacións de Fisterra-Muxía e Muros-Noia

today25 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ames, Blas García, destacou a proposta turística sostible de Ames, “ofrecemos varias rutas de sendeirismo, vinculadas ao río Sar e o Tambre, para que os visitantes aposten por un ecoturismo saudable”, xunto coas relacionadas co Camiño de Santiago. “Somos o único Concello de Galicia e de España, quitando Compostela loxicamente, por onde que pasan tres rutas do Camiño, polo que vimos a amosar toda a oferta que hai polas distintas zonas nas que transcorren estes camiños”

Blas García, explicou “estamos en Fitur acompañando á Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía e do Camiño da Ría De Muros Noia. É importante participar nestes eventos porque falas e tes contacto cob profesionais e onde tamén se dan a coñecer as bondades do concello. Somos un Concello onde traballamos moito o turismo saudable e medioambiental con sendas para percorrer á beira do río Tambre ou do río Sar. Tamén contamos cun importante patrimonio cultural e artístico. Isto tratamos de mesturalo co progreso e coa modernidade que ten o concello”

Este pasado xoves, 23 de xaneiro, o alcalde de Ames e responsable da área municipal de Turismo, Blas García, participou na Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, nas presentacións dos Camiños Fisterra – Muxía e da Ría de Muros Noia. A Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, da que forma parte Ames, puxo en marcha a campaña O Camiño que remata no mar  para promocionar dito Camiño de Santiago. Ademais, o Concello de Ames participou na presentación do Camiño Marítimo a través da Ría de Muros Noia.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou a proposta turística sostible de Ames, “ofrecemos varias rutas de sendeirismo, vinculadas ao río Sar e o Tambre, para que os visitantes aposten por un ecoturismo saudable”, xunto coas relacionadas co Camiño de Santiago. “Somos o único Concello de Galicia e de España, quitando Compostela loxicamente, por onde que pasan tres rutas do Camiño, polo que vimos a amosar toda a oferta que hai polas distintas zonas nas que transcorren estes camiños”.

Por outra banda, Blas García, explicou “estamos en Fitur acompañando á Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía e do Camiño da Ría De Muros Noia. É importante participar nestes eventos porque falas e tes contacto cob profesionais e onde tamén se dan a coñecer as bondades do concello. Somos un Concello onde traballamos moito o turismo saudable e medioambiental con sendas para percorrer á beira do río Tambre ou do río Sar. Tamén contamos cun importante patrimonio cultural e artístico. Isto tratamos de mesturalo co progreso e coa modernidade que ten o concello”.

Por último subliñou que “estamos a traballar en vertebrar os núcleos rurais coas zonas urbanas do Milladoiro e Bertamiráns para facer ese concello sostible que guste visitar e vivir nel, pensando sempre en que a veciñanza poida vivir con normalidade e máis comodidade”.

O Camiño que remata no mar

O stand de turismo de Galicia acolleu este pasado xoves, 23 de xaneiro, a presentación da campaña O Camiño que remata no mar  para promocionar dito Camiño de Santiago, que ofrece unha experiencia única que conecta historia, natureza e hospitalidade. Esta ruta xacobea ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e no Santuario da Virxe da Barca de Muxía. O Concello de Ames pertence á Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía.

Os/as peregrinos parten de de Santiago de Compostela, pasando por Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbria, Cee, Corcubión, Muxía e Fisterra. Desde Santiago de Compostela ata o impoñente Faro de Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca en Muxía, este é o único camiño que chega ata o mar. A prolongación perfecta do Camiño de Santiago, que combina patrimonio, natureza e gastronomía.

Camiño Marítimo a través da Ría de Muros Noia

Por outra banda, a Ría da Estrela presentou en Fitur o primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia. O Concello de Ames é un dos membros da da Asociación de Concellos do Camiño da Ría De Muros Noia.

O catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia ofrece unha maneira diferente de facer o Camiño de Santiago nestes tempos, pero que durante séculos foi a máis utilizada tanto por peregrinos do norte de Europa como dos países mediterráneos: navegando. Está amparada pola Oficina do Peregrino, polo que basta con completar 90 millas náuticas en veleiro, selar a credencial do peregrino nos portos que marque a ruta e realizar a pé cando menos os 12 últimos quilómetros (entre Bertamiráns e Santiago) para obter a Compostela.

A localidade de Bertamiráns é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima e 12 quilómetros a pé. Para marcar o inicio da última etapa a pé de dito Camiño, o Concello de Ames colocou en febreiro de 2023 unha escultura no parque do Ameneiral. A escultura foi deseñada e executada polo alumnado de segundo curso do Ciclo superior de Técnicas da Escultura da EASD Mestre Mateo. Dita escultura representa o mar.

Stand Xa estás en Galicia!

Cómpre salientar que o stand de Galicia foi elaborado pola empresa amesá, Escenoset, que ten a súa sede no parque empresarial do Milladoiro. Ademais, o elemento principal do set, un bosque galego con máis de 30 especies, foi recollido integramente en Ames. A Xunta reutilizou, cun novo deseño máis actual e na liña das demandas turísticas do momento, o stand da pasada edición, que foi galardoado co Premio ao ‘Mellor Stand de Fitur 2024’, co obxecto de seguir parámetros de sostibilidade aproveitando materiais e recursos xa dispoñibles.

Asociación Viorneira, Palmira, Bulevar

Por outra banda, o presidente da asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar, José Manuel Fernández, tamén estivo en Fitur e realizou unha presentación no stand de TurEspaña, xunto á Secretaria Xeral de Turismo, sobre a Rede de cruceiros costeiros e fluviais de España e Portugal. Ademais, mantivo unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Tariku Novales

Por último, o veciño de Ames, Tariku Novales, presentou en Fitur a segunda edición da media maratón Entre Rías. Tariku, que dispón da mellor marca de España de maratón, estivo na Feira Internacional de Turismo, no acto no que se comentaron todos os detalles deste media maratón que une O Grove e Sanxenxo  e que se vai celebrar o vindeiro 18 de maio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%