Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, explicou que “o obxectivo primordial deste certame é difundir a creación literaria, así como a lingua e cultura galega. Deste certame saíron moitos escritores e escritoras que acadaron o seu primeiro premio aquí e despois acadaron premios a nivel nacional”. Ademais, como anécdota dixo que xa se están presentando os/as fillos/as de escritores/as que obtiveron premios neste certame hai anos
A técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, destacou que se trata dun certame consolidado. “A convocatoria deste certame é das poucas que hai en Galicia que levan tantos anos e que se convocou todos os anos dende a súa creación. É necesario que haxa este tipo de certames para que as persoas que comezan a escribir teñan algún lugar onde presentar os seus traballos, para que un xurado os valore, e poida obter algún premios se así o determina o xurado”
Ames, 18 de marzo de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, presentou esta mañá a vixésimo primeira edición do Certame Literario de Ames, ao que os/as creadores/as poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega. As candidaturas poderán remitirse ata o vindeiro 24 de abril.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXI edición
do Certame Literario de Ames. Ao acto acudiron o alcalde e concelleiro de Normalización
Lingüística, Blas García, e persoal de dito departamento, Rosa Moreiras e Raquel
Barbeito. Este certame é unha das iniciativas culturais máis consolidadas no concello, e
serviu como plataforma de despegue de numerosos escritores e escritoras. Un ano máis,
o obxectivo é a promoción da creación literaria en lingua galega, vista como un xeito de
reforzar o proceso de normalización lingüística.
O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, explicou que “o
obxectivo primordial deste certame é difundir a creación literaria, así como a lingua e
cultura galega. Este xa é un certame de referencia para os escritores e escritoras galegas.
Participan persoas de Ames e do resto de Galicia, pero incluso chegan moitos traballos de fóra. Non participan porque os premios sexan moi elevados, senón porque este certame xa conta cun gran prestixio. Deste certame saíron moitos escritores e escritoras que acadaron o seu primeiro premio aquí e despois acadaron premios a nivel nacional”. Ademais, como anécdota dixo que xa se están presentando os/as fillos/as de escritores/as que obtiveron premios neste certame hai anos.
A técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, destacou que se trata dun certame consolidado. “A convocatoria deste certame é das poucas que hai en Galicia que levan tantos anos e que se convocou todos os anos dende a súa creación. En todas as convocatorias sempre se recibiron multitude de traballos tanto de Galicia coma de fóra. É necesario que haxa este tipo de certames para que as persoas que comezan a escribir teñan algún lugar onde presentar os seus traballos, para que un xurado os valore, e poida obter algún premios se así o determina o xurado”.
O certame ten dúas modalidades: narrativa e poesía
O certame ten dúas modalidades, narrativa e poesía, e cada unha delas componse á vez de tres categorías, de xeito que poden participar persoas de calquera idade. As nenas e nenos de ata 13 anos poden concursar na primeira categoría; a segunda está dirixida á rapazada de entre 14 e 17, e a terceira resérvase para persoas de 18 anos ou máis. Outorgaranse tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ámbalas dúas modalidades, e editarase un libro colectivo con todos os textos premiados.
A decisión do xurado, conformado por tres persoas recoñecidas no ámbito literario, anunciarase publicamente o 3 de xuño, e os premios entregaranse o 8 de xuño, nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.
Bases do certame
O prazo para enviar os textos, inéditos e en galego, remata o 24 de abril. Os/as participantes mandarán catro exemplares do texto, escritos a dobre espazo e con tamaño de letra 12. Na modalidade de narrativa, a extensión mínima será de 2 páxinas e a máxima será de 6. Na modalidade de poesía a extensión mínima será de 20 versos e a máxima será de 50.
É requisito que as obras se presenten baixo pseudónimo e que nos textos non aparezan datos persoais nin sinaturas. Nos catro exemplares do texto terán que figurar a modalidade (narrativa ou poesía), a categoría (1ª, 2ª ou 3ª) e o pseudónimo do autor ou autora.
Os datos persoais irán incluídos nun sobre pechado. Terán que constar: nome e apelidos, idade, copia do DNI, teléfono de contacto, enderezo postal e electrónico e declaración responsable de non estar incurso/a en supostos que impidan obter a condición de beneficiario/a e de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias e coa seguridade social.
As persoas menores de idade deben achegar os datos dunha persoa maior de idade que exerza como representante legal. O sobre pechado cos datos persoais e as catro copias do texto introduciranse nun sobre máis grande. No remite deberá figurar tamén a modalidade, a categoría e o pseudónimo.
O enderezo ao que se deben remitir os textos é o seguinte: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Avenida de Azcárraga, número 5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.
Premios
Para cada modalidade e categoría establécense tres premios en metálico. Para os/as participantes menores de 13 anos, o primeiro premio será de 200 euros, o segundo de 170 e o terceiro de 140. Para os/as participantes de entre 14 e 17 anos o primeiro premio está dotado con 230 euros, o segundo con 200 e o terceiro con 170. Por último, na categoría absoluta, o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 260 e o terceiro de 230.
Ademais, como é habitual, o Concello de Ames publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando os autores ou autoras con cinco exemplares do volume que se edite. Para esta publicación, as persoas gañadoras do certame deberán entregar os textos en formato dixital. Se o autor ou autora publica pola súa conta algún dos textos gañadores, deberá facer referencia ao premio obtido neste certame.
As persoas interesadas en recibir máis información sobre este certame literario poden chamar ao número de teléfono 662 377 215 ou enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal correspondente ao Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)