AD

Actualidad

Ana Rodríguez, de Leilía, entre bágoas en Radio Líder ante o seu derradeiro concerto: «Choro todos os días»

today12 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

A histórica formación de pandeireteiras culmina este sábado a xira ‘Anque me vou non me vou’ cunha actuación en Compostela que esgotou xa as localidades dispoñibles.

Ana Rodríguez, unha das componentes do grupo participaba emocionada este xoves no programa Conecta2 de Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago (97.7 FM).

Este sábado 13 de xaneiro Leilía ofrecerá o seu derradeiro concerto, en Compostela. A partir das 20.30 horas, a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia servirá de escenario para o adeus da histórica formación de música tradicional galega tras máis de tres décadas de andaina. As voces e as pandeiretas de Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez uniranse para ofrecer o último espectáculo da xira ‘Anque me vou, non me vou’ co que tecen un percorrido pola súa traxectoria que vira, ao tempo, nunha celebración da música e da tradición oral galega.

Ana Rodríguez, integrante de Leilía dende que tiña tan só 17 anos, participaba este xoves en directo en Radio Líder Santiago onde lembraba que «nada da miña vida adulta está desvinculado de Leilía». O seu primiero concerto tivo lugar na compostelá praza de Cervantes no ano 1991, onde o público asistente asistiu abraiado a un recital de canto e pandeireta, así como ao acompañamento de sachas e botes de pimentón.

No ano 1992 chegaría a sua primera maqueta que se repartiu co xornal El Correo Gallego. Unha maqueta que non chegou a ser un disco pero que «sirveu de guía para todas as agrupacións que querían aprender a tocar a pandeireta» e que agora Leilía volveu a gravar coa experiencia de ter 34 anos de percorrido.

En representación das súas compañeiras, Ana, explicou que este adeus responde a unha decisión «consensuada e meditada», algo que xa se plantexara levar a cabo no ano 2019 con motivo do 30º aniversario da formación pero que a pandemia impediu realizalo. «Todo o que tiñamos que aportar xa o aportamos e agora as prioridades van cambiando», explica.

Rodríguez insistiu en que «fixemos un traballo que era necesario para o país. Un traballo de recuperación dun legado que estaba no olvido, xa que se descoñecía que a xente se divertía así, coa pandeireta. O que sí se recoñecía era a figura de gaiteiro, todo isto, relata, nunha etapa de posguerra onde al aldeas quedaron valeiras froito da emigración. «Nos servimos de ponte de recuperación desta tradición, a música do pobo volve a ser do pobo». E engadiu «vai ser unha despedida difícil, dura, pero o mellor que estamos vivindo agora é o apoio, arroupo e o cariño da xente. Non podemos marchar por unha porta máis grande», lembra de novo entre bágoas.

Neste espectáculo pertencente á xira ‘Anque me vou, non me vou’ a formación mestura temas novos, do último traballo discográfico Vidas Cantadas, con vellas sonoridades. A combinación de tempos e sons fai agromar sentimentos de alegría, sorpresa, celebración, ou nostalxia dos que esperan o público se contaxie. Con ese obxectivo, convidan a todas as persoas que vaian asistir ao concerto a facelo engalanadas coas súas pandeiretas, para encher o Auditorio do son dese instrumento que tanto lles regalou e renderlle así unha homenaxe colectiva.

Podes escoitar a entrevista completa no seguinte enlace:

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%