AD

Actualidad

Borja Verea aposta por unha Estratexia de Saúde Mental para Compostela

today11 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • “Ante unha situación que xa é alarmante, demandamos unha implicación e compromiso activo do Concello de Santiago coa saúde das veciñas e veciños composteláns e que se comece a fomentar accións integrais para a saúde”, sinalou o líder popular.
  • Para Verea son “imprescindibles campañas de sensibilización e de prevención, divulgativas e didácticas; actividades de educación emocional e de formación, información e apoio”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, salientou hoxe a súa aposta por unha Estratexia de Saúde Mental para Compostela, tendo en conta a relevancia e preocupación social que está a adquirir este asunto nos últimos tempos. “Ante unha situación que xa é alarmante, demandamos unha implicación e compromiso activo do Concello de Santiago coa saúde das veciñas e veciños composteláns e que se comece a fomentar accións integrais para a saúde”, sinalou.

Esta Estratexia debe ser un instrumento para afrontar esta problemática social a través de varios eixes: a sensibilización, a concienciación, a prevención, a protección e o coidado dos problemas asociados á saúde mental, con especial atención aos colectivos máis vulnerables, como persoas sen fogar, mulleres vítimas de violencia e a infancia e mocidade, incidindo en que o suicidio é a principal causa de morte entre a xuventude.

Verea subliñou que, ante a inactividade do BNG, no próximo Pleno municipal, o Partido Popular instará ao desenvolvemento desta iniciativa, xa que, tras nove meses desde as eleccións municipais, non hai avances na súa elaboración, aínda que a súa posta en marcha xa fora aprobada nun acordo plenario do 30 de novembro de 2022.

Como liñas estratéxicas destacan, entre outros, a sensibilización da poboación ante un problema que alcanza a un de cada catro persoas; a promoción do benestar emocional da veciñanza; a prevención da aparición de problemas de saúde mental; a integración social e a eliminación de calquera forma de discriminación; o acceso aos recursos para garantir unha atención integral; a empregabilidade e capacitación profesional das persoas con trastorno mental.

Para Verea son “imprescindibles campañas de sensibilización e de prevención, divulgativas e didácticas; actividades de educación emocional e de formación, información e apoio”.

Así mesmo, a promoción de programas de respiro como apoio aos coidadores informais das persoas con trastorno mental e a promoción e reforzamento das vivendas de apoio; a posta en marcha dun programa de voluntariado de apoio ás persoas con trastorno mental; e o desenvolvemento de programas de inserción laboral.

En todo caso, este plan implica un traballo importante de visión global, polo que para o seu deseño e desenvolvemento será imprescindible a colaboración cos profesionais e coas entidades especializadas no ámbito da saúde mental, así como a coordinación coas distintas administracións competentes neste eido.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%