AD

Actualidad

Cáritas logra la inserción laboral de 529 personas en Santiago en 2023

today22 mayo, 2024

Background
share close
AD
  • “Non podemos perder a sensibilidade que nos humaniza”, afirmou o arcebispo de Santiago no acto

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu o acto, celebrado en San Martiño Pinario, onde se fixo balance da área de Formación e Emprego na cidade e a súa contorna, correspondente ao pasado ano 2023. O prelado na súa intervención afirmou que Cáritas pon rostro as persoas. “Non podemos perder a sensibilidade que nos humaniza. A acollida é un ben de todos, unha opción irrenunciable para a sociedade”, engadiu, ao tempo que facía votos por manter unha “proveitosa” colaboración coas Administracións Públicas.

Cifra moi importante

Foron 529 persoas as que atoparon un emprego mediante a intervención de Cáritas, unha “elevada” cifra que se celebra desde a entidade. Miguel Fernández Blanco, responsable de Emprego na Interparroquial de Santiago, sinalaba  a súa satisfacción polos resultados: “Estamos contentos con traballo feito, porque nos mantemos en cifras altas; pero gustaríanos teimar na necesidade de reivindicar empregos dignos e a regularización das persoas migrantes para que estas persoas poidan acceder a un emprego”,mencionou.

Actuacions en valor

A concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, felicitou a Cáritas polo traballo feito, pero manifestou ter “sentimentos encontrados, porque o estado de benestar está a fraquear”, advertiu. “As Administracións non estamos a chegar como deberíamos para mudar a realidade”, agregou.

A colaboración do Concello en materia de vivenda para persoas senfogar e co programa Vagalume, de Cáritas, de acompañamento a mulleres do ámbito da prostitución, son dúas accións de cooperación que Rozas quixo poñer en valor. Igualmente subliñou o “bo entendemento” de Raxoi con Cáritas: “As dúas institucións compartimos as preocupación pola soidade non desexada, o desemprego e o drama do acceso á vivenda”.

Abrir as portas

A directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, destacou o labor da entidade na promoción da xustiza social, a autonomía persoal e a liberdade. “Cáritas abre as súas portas cada día por vós”, afirmou Farjas en referencia ás persoas que enchían o salón peregrino da hospedería; que, posteriormente recibirían os seus diplomas polo curso ou taller formativos realizados.

Empresas colaboradoras

Por parte das empresas colaboradoras con Cáritas, interviñeron Fuencisla Cid e José Antonio Liñares. Cid, que destacou os “moitos” anos de colaboración entre El Corte Inglés e Cáritas, indicou que ambas as dúas comparten valores como a “vocación de servizo e o emprego digno”, e engadiu que nos últimos tempos a súa empresa ampliara os postos de traballo, así como as funcións, para os usuarios de Cáritas. Liñares amosou o seu agradecemento e celebración por un labor compartido e sinalou que detrás hai un traballo “moi grande e infravalorado”.

Os usuarios

Finalmente, en representación dos usuarios de Cáritas, falou o venezolano Gustavo Núñez, que aos seus 42 anos leva un en España e está a facer prácticas en Atención al Cliente de El Corte Inglés. “Agradecemos la oportunidad de lograr un empleo. Debemos ser honestos con la empresa y mostrar buena actitud. Es difícil venir de otro país y empezar de cero. Cáritas nos ha acompañado y nos ha abierto caminos”, segundo testemuñou.

Datos

-Na área de emprego atendéronse 2.073 persoas (1.072 foron novas): 1.336 mulleres e 737 homes.

-As persoas que participaron en accións formativas foron 724: Cursos de inclusión social 107;outros cursos formativos 147 e talleres  470

A presentación dos datos finalizou coa entrega de medio cento de diplomas aos usuarios de Cáritas.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%