AD

Actualidad

Comunicado da AA.VV. Fonseca sobre o tratamento fiscal da rehabilitación en Santiago

today4 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A condición de Patrimonio Histórico Universal da Cidade Histórica de Santiago de Compostela implica a obriga para os veciños de manter en bo estado de conservación os edificios da súa propiedade. Isto supón un alto custe polas limitacións que impón o Plan Especial-1, a falta de axilidade do servizo de licencias urbanísticas, o tipo de materiais e técnicas construtivas a empregar, as limitacións horarias de acceso para os vehículos das empresas encargadas dos traballos, a falta de aparcamentos de proximidade para os traballadores que fan estes traballos, os custos asociados á cualificación das rúas á hora de calcular as taxas municipais, etc.

O feito de que edificios catalogados formen parte dun BIC como é a Cidade Histórica de Santiago de Compostela, non ten hoxe en día un tratamento fiscal xusto e que serva para impulsar a actividade rehabilitadora e, sen dúbida, contribúe de xeito indubidable ao abandono que sofren actualmente moitos dos edificios da Cidade Histórica de Santiago de Compostela e ao continuo despoboamento da mesma.

A promoción e o impulso da rehabilitación e a conservación dos edificios dispón de dous mecanismos fiscais de alto impacto: As Deducións no IRPF e As Subvencións

Actualmente o R.D. Lei 19/2021 de 5 de outubro estableceu tres novas deducións para os investimentos en obras de mellora da eficiencia enerxética das vivendas, que van desde o 20 ao 60%. Tamén di a norma que non se integrarán na base impoñible do IRPF diversas axudas a rehabilitación, das cales, só as do RD 835/2021 de 5 de outubro que regula as axudas a rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aplican aos edificios que formen parte dun entorno declarado polo seu valor arquitectónico ou histórico, pero todas estas axudas son xestionadas pola Xunta de Galicia.

O Consorcio de Santiago de Compostela convoca anualmente axudas á rehabilitación e mantemento dos edificios dentro do Programa “Ter e Manter” que, ao non estar amparadas polo R. D. L. 19/ 2021, non só quedan excluídas das Deducións no IRPF, senón que se computan neste imposto coma incrementos patrimoniais, mesmo aínda que sexan obras básicas como as de mellora da mobilidade das persoas impedidas e as obras de conservación de pechamentos exteriores das vivendas, incluídas fiestras galerías e tellados.

É esta unha discriminación no trato aos veciños dunha cidade Patrimonio Universal, como Santiago de Compostela, que ademais ven agravada por dous feitos: o primeiro é que percibir a subvención pode supor un salto na escala da tarifa do IRPF, o que implica un maior importe dos impostos a pagar; e o segundo é que facelas obras xa comporta un pago do IVE que pode estar no 10 ou 21 %, segundo os casos.

Asociación de Veciños da Cidade Histórica “FONSECA”_ 4 de marzo de 2024

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%