Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 diciembre, 2023
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023. Estas distincións están destinadas a recoñecer a investigación de maior nivel desenvolta en Galicia nas áreas de coñecemento de matemáticas, física e da ciencias da computación, química e xeoloxía, bioloxía e ciencias da saúde, ciencias técnicas ou ciencias económicas e sociais, todas elas integradas na RAGC.
O premio, que este ano cumpre a súa trixésimo terceira edición, está dotado con 6.000 euros e un diploma acreditativo. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 15 de febreiro de 2024. Ademais, poderán concederse ata dúas mencións especiais. A participación tramitarase de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible na páxina web da Real Academia Galega de Ciencias (www.ragc.gal).
Segundo as bases da convocatoria, poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades ou centros de investigación de Galicia. As propostas tratarán sobre temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas xa mencionadas das seccións da Academia. Polo menos unha ou un dos autores deberá ser doutor. O traballo debe estar xa publicado ou aceptado para a súa publicación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022. Non poderán presentarse propostas que estean concorrendo a outros certames ata o acto público de entrega de galardóns.
Só se poderá presentar unha única candidatura por solicitante. O xurado estará composto por sete membros, cinco deles pertencentes a cada unha das seccións da Real Academia Galega de Ciencias, xunto ao presidente e a secretaria da institución.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)