AD

Actualidad

«En Atención Primaria hai outra crise maior que en Urxencias, onde tardan en dar cita de 6 a 22 días»

today13 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Esta semana Álvaro Veiga charlaba en Radio Líder Santiago con Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS sobre o colapso que se vive a diario na área de Urxencias do citado hospital. Unha conxestión que se debe a dous factores principais, a falta máis que evidente de persoal sanitario e a situación que se vive na atención primaria, onde Abraldes recoñecía tardan en dar unha cita de 6 a 22 días. «En atención primaria hai unha crise maior pero con menos repercusión que en Urxencias», lamenta.

O certo é que, pese a baixar a demanda asistencial de xeito considerable tras o pico de gripe do pasado Nadal, a situación de pacientes agardando a ser atendidos ou na procura dunha cama, continúa sendo moi alta e habitual no día a día. No momento da entrevista o número de camas ocupadas no CHUS era de 920, das 1511 coas que conta o hospital. «As camas en planta non están abertas se non hai asignado persoal de enfermería e persoal facultativo, así os profesionais sanitarios vense impotentes porque non poden dar un servizo de calidade».

Unha situación que xa levaron ante a valedora do pobo xa que se están a vulnerar os dereitos fundamentais da dignidade e a intimidade dos pacientes e que recolle a propia Constitución. «Os corredores non son unha zona de atención», e máis, deben estar baleiros por se houbese que facer unha evacuación ou ante unha eventualidade.

Doutra banda, Abraldes tamén denunciou que, á marxe dos tempos de espera para unha operación cirúrxica segundo a normativa de Sanidade de 2023, que é de 30 días para pacientes de prioridade 1 e de 90 días para os de tipo 2, «os xefes de servizo o que fan é, ao marxe da sua prioridade inicial e alegando a falta de medios, retrasan o periodo da intervención, así un paciente que debería estar operado nun máximo de tres meses leva un ano agardando. «Nos o único que pedimos é que se aplique a lei e se cumpran os tempos establecidos».

Lonxe de tentar buscar solucións a curto, medio e longo prazo, dende a xerencia do Sergas e do propio complexo compostelán negan este colapso, polo que non buscan solucións.

Tes máis información nos seguintes enlaces:

VIDEO PODCAST

PODCAST

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%