Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 enero, 2024
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024 (Vía Láctea Comunicación).-O codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), Jesús Núñez Villaverde, e a directora do Comité Español de UNRWA, Raquel Martí, acompañados polo presidente de honor da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, analizaron hoxe, nun encontro informativo celebrado no hotel Eurostars Araguaney de Santiago, como está actualmente a situación en Gaza e a evolución do conflito.
Jesús Núñez explicou que a realidade sobre o terreo na Franxa de Gaza e en Cisjordania está dominada pola masacre de vidas humanas nos últimos tres meses. Pero o experto en relacións internacionais, sostivo que o punto de arranque non comezou o 7 de outubro, senón que o conflito ven derivado da sucesión de seis guerras árabes israelís, dúas intifadas e xa neste século cinco operacións de castigo de Israel á Franxa de Gaza. “Es una dinámica de acción-reacción, en la que Israel no va a poner fin a la ocupación, si no que quiere llegar a la Palestina histórica” –asegurou–.
O experto sinalou que a prioridade é o alto o fogo e o cesamento total da violencia deixando de lado as violacións dos dereitos humanos e respectando a lexislación internacional. “Israel no cumple las obligaciones que tiene como potencia ocupante, de garantizar el bienestar de la población, ya que continúa transfiriendo población de manera forzosa dentro del territorio ocupado” –argumentou–. En canto a cifras, Jesús Núñez indicou que Israel eliminou a 9.000 combatentes de Hamás, pero rexistráronse xa máis de 30.000 persoas falecidas e desaparecidas, dos que “21.000 muertos son inocentes”.
Jesús Núñez lembrou a demanda de Sudáfrica ante o Tribunal de Xustiza Internacional que acusa a Israel de xenocidio en Gaza, que previsiblemente será aceptada pola corte que, segundo considera Núñez, tardará anos en determinar se é un xenocidio. De forma inmediata, o experto apuntou que deben tomarse medidas cautelares para o cesamento das ostilidades.
O experto subliñou que o único actor que pode frear o desastre é EEUU, país que ofrece axuda económica e militar continua a Israel. “Nadie va a detener a Israel, será el propio Israel el que decida si rebajar el nivel de violencia. Vivimos una farsa teatral, pero en cuanto a hechos no existe ni uno solo para pasar a la acción de demanda de alto el fuego y de ayuda humanitaria para paliar los efectos. Israel no tiene un plan b diseñado, y para conseguir la limpieza ética quiere convencer a Palestina que no tiene futuro en su tierra. El objetivo es el sionismo con el dominio total del territorio sin palestinos” –apuntou–.
Pola súa parte, Raquel Martí lembrou que antes do 7 de outubro xa existía un bloqueo de Israel á Franxa de Gaza, que vive un “auténtico colapso”, onde o 85 % da poboación depende da axuda humanitaria e un 50 % está no paro, territorio declarado xa pola ONU como “inhabitable”.
Ao ser Gaza a zona de maior densidade de poboación do mundo, Martí explicou que os continuos bombardeos teñen como consecuencia o enterramento masivo en fosas comúns. “En Gaza no hay ningún lugar seguro, ni escuelas, ni hospitales, ni incluso las rutas designadas como seguras por Israel, y se calcula que hay 7.000 personas todavía entre los escombros. Aproximadamente mueren 100 niños al día en la Franja, lo que Unicef ha denominado como ‘cementerio de niños’, o incluso se ha creado el acrónimo WCNSF (niño herido sin familia superviviente). Se cuentan ya más de 60.500 heridos, y 8.000 niños intervenidos con amputaciones realizadas sin anestesia por la falta de antibióticos” –engadiu–. Outros datos aportados por Martí reflicten a masiva destrución de infraestruturas en Gaza, como a destrución de 360.000 fogares, 370 instalacións educativas e máis dunha vintena de hospitais. “Se vive un desplazamiento masivo, ya con 1.900.000 personas desplazadas” –manifestou–.
En canto ao bloqueo humanitario, Raquel Martí subliñou que actualmente entran entre 100 e 150 camións a Gaza, rexistrados tres veces por Israel. “Tan solo 15 hospitales funcionan en Gaza y no tienen suministros médicos, y la población no tiene agua ni alimentos, todo ello utilizado como arma de guerra. Hace falta reactivar el comercio para evitar la hambruna de la población. Se está creando una crisis sanitaria muy alarmante en Gaza donde las enfermedades se propagan con unos 419.000 casos de enfermedades infecciosas” –aportou–.
13.000 traballadores da UNRWA axudan en Gaza na maior operación humanitaria do mundo
Ademais, Raquel Martí indicou que esta operación humanitaria en Gaza é a máis complexa do mundo e a máis grande das axencias da ONU. Explicou que UNRWA –coordinadora de toda a axuda que entra na Franxa– ten en Gaza 13.000 traballadores, dos cales 116 foron asasinados, xa que, segundo declarou, as instalacións da UNRWA tamén foron atacadas. Actualmente, a directora destacou que a UNRWA conta con oito clínicas en funcionamento.
En canto aos refuxiados, Martí indicou que actualmente hai 1.400.000 persoas refuxiadas en Gaza e outras 400.000 nos arredores das escolas da UNRWA, e calcúlase que no norte de Gaza quedan unhas 300.000 persoas. “Solicitamos el alto el fuego inmediato, el incremento de la ayuda humanitaria y de bienes comerciales” –sentenciou–.
Agradecemento da UNRWA á Xunta de Galicia polo seu apoio
Raquel Martí mantivo esta mañá unha reunión co director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (UE) da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo. Agradeceu o apoio que a Administración Autonómica galega dá a UNRWA, unha axencia nutrida con fondos voluntarios, ben dos seus países membros, da axuda de particulares ou de institucións privadas. “La UNRWA, que se creó para tres años y ya lleva 75 en funcionamiento, depende de la ayuda pública para cubrir unas necesidades que aumentan, mientras que nuestros fondos no lo hacen para ofrecer ayuda en este momento en Siria, El Líbano, Jordani, Gaza y Cisjordania– resumiu–.
Charla sobre os dereitos en risco e a humanidade en acción no Teatro Principal
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Comité Español de UNRWA (Axencia da ONU para refuxiados palestinos) celebrará esta tarde a charla “Palestina: dereitos en risco, humanidade en acción”. O evento comezará ás 19:30 horas no Teatro Principal de Santiago, con entrada gratuíta previa retirada de invitación ese mesmo día na billeteira a partir das 17:30 horas.
A charla contará coa participarán do codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), Jesús Núñez Villaverde, e a directora do Comité Español de UNRWA, Raquel Martí. Ambos establecerán un diálogo para analizar o contexto xeopolítico de Palestina, destacando os desafíos persistentes que enfronta a súa poboación e examinando de preto a situación de emerxencia humanitaria da Franxa de Gaza.
ISRAEL e Palestina: Cronoloxía sucinta do conflito
Oriente Próximo converteuse nunha das zonas máis convulsas do mundo a raíz da proclamación do Estado de Israel en 1948, coa expulsión do 75 % da poboación palestina, que desde aquela vive en campos de refuxiados. Levamos 76 anos en que se sucederon guerras e enfrontamentos que provocaron decenas de miles de mortos e millóns de desprazados que viven na diáspora. Estas son as datas relevantes para contextualizar un conflito que non parece ter solución, e que sumiu a Palestina nun escenario de guerra continua.
1917. O fin do imperio Otomano
Trala Primeira Guerra Mundial, o imperio Otomano caeu poñendo fin a trece séculos de dominio musulmán sobre Palestina. O territorio foi ocupado por Gran Bretaña por mandato da sociedade de Nacións (xerme da actual ONU), e coa declaración Balfour manifestou o seu desexo de favorecer alí a creación dun “fogar nacional para o pobo xudeu” o que provocou o receo da poboación árabe de Palestina.
1936. A gran revolta árabe
Durante o mandato británico, facilitouse a colonización masiva de xudeus a territorio palestino, polo que en 1936 estalou unha revolta dos palestinos, que durou tres anos, onde esixían a súa independencia e o fin da inmigración xudía.
1946. Terrorismo sionista
As autoridades británicas redactaron un Libro Branco en 1939 que planificaba a independencia de Palestina rexeitando a partición en dous estados, limitaba a inmigración xudía e restrinxía a compra de terras. Pero o estalado da Segunda Guerra Mundial acrecentou as ondadas de inmigrantes xudeus. Así, o 22 de xullo de 1946, o grupo paramilitar sionista Irgún atentou contra a Comandancia Militar do Mandato británico no Hotel Rey David.
1948. O novo estado xudeu
Trala renuncia británica ao seu mandato, o 14 de maio de 1948 Israel fixo efectiva a resolución da ONU que establecía a creación de dous estados, un xudeu (co 55 por cento do territorio) e outro árabe, pobo que sentiu esta decisión inxusta. O conflito finalizou ao ano seguinte coa vitoria de Israel, que ademais aumentou considerablemente o seu territorio respecto ao plan da ONU.
1956. Guerra do Sinaí
Co beneplácito de Gran Bretaña e Francia, Israel invadiu en outubro de 1956 a península do Sinaí tralo peche do Canal de Suez decretado por Exipto. O ataque sorpresa, e a axuda militar europea, supuxo unha rápida vitoria israelí, que logrou a cambio de retirar os seus exércitos que Exipto detivese os envíos de armamento ás guerrillas palestinas contra Israel. O Canal foi reaberto baixo o control dunha forza de Cascos Azuis da ONU.
1967. Guerra dos Seis Días
Israel, en xuño de 1967, lanza un ataque sorpresa sobre Exipto e Siria. Co fin do conflito, Israel mantivo no seu poder os territorios ocupados palestinos, conquistou a península do Sinaí e tomou o control total de Xerusalén (incluíndo a Cidade Vella, ata entón en poder de Xordania) e os Altos do Golán, ao sur de Siria.
1973. A guerra do Yom Kipur
O 6 de outubro de 1973, durante a celebración do Yom Kipur, unha das festas máis sagradas do calendario xudeu, Israel foi atacado por unha coalición de estados árabes de novo liderados por Exipto e Siria, que querían recuperar os territorios perdidos. A pesar de todo, Israel logrou repoñerse e non perder ningún territorio ocupado anteriormente. As relacións entre Israel e Exipto normalizáronse tras os acordos de paz de Camp David de 1979 polos que Israel devolve o Sinaí ao país árabe.
1982. Israel invade O Líbano
Israel invadiu O Líbano en 1982, pero despois dunha guerra atroz que durou tres meses, Israel abandonou o territorio libanés. A partir dese momento, concéntrase a maior resistencia de Palestina no seu propio territorio.
1987. A Intifada
Ante os sucesivos fracasos bélicos, os palestinos organízanse dentro dos territorios ocupados. En 1987 estala a primeira Intifada, levantamento popular contra os israelís. Os palestinos enfrontáronse ao exército con pedras, paus, cócteles molotov e armas caseiras na revolta árabe máis intensa desde 1936. Ese mesmo ano fundouse en Gaza o grupo islamista Hamás.
1993. Acordos de Oslo
A revolta palestina acabou coa sinatura dos Acordos de Oslo en 1993 e o nacemento da Autoridade Palestina, xerme dun futuro estado palestino. Así, o líder palestino Yasser Arafat convertíase no interlocutor con Israel. A paz parecía máis próxima que nunca, sobre todo cando o 4 de maio de 1994, o primeiro ministro israelí, Isaac Rabin, e Arafat ratificaban en O Cairo a posta en marcha da autonomía palestina. Pero en 1995, os ortodoxos de Israel, a ultradereita hoxe no Goberno, asasinan a Rabin e, en 2004, envelenan a Arafat.
2006. Triunfo de Hamás
O asasinato de Rabin e o envelenamento de Arafat marcou o inicio do declive deste proceso político de recuperación de Gaza e Cisjordania. A extrema dereita nacional relixiosa asumiu o poder en Israel cun manifesto aberto e frontal ao proceso de paz, provocando tamén o fortalecemento do grupo de resistencia Hamás, que gaña as eleccións en 2006 fronte a Al Fatah, pero nin o perdedor nin Israel nin Occidente recoñeceron o resultado electoral.
2023. Último episodio
Esta guerra recruouse de novo o pasado mes de outubro, cando Hamás lanzou unha operación militar que colleu por sorpresa ás autoridades israelís, que reaccionaron con dureza iniciando un ataque masivo á Franxa de Gaza. Xa hai arredor de 24.000 palestinos mortos (deles, 10.000 eran nenos) e 57.000 feridos. Actualmente, os israelíes entran todas as noites en Cisjordania e xa levan arrestados 4.000 palestinos e 500 mortos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)