AD

Actualidad

Galicia e Xordania alíanse na promoción dos Camiños de Santiago e Exeria

today23 enero, 2025

Fondo
share close
AD

— O director de Turismo de Galicia e o director da Xunta de Turismo de Xordania asinaron un memorandos de entendemento para favorecer o intercambio de culturas entre os dous pobos

— Na segunda xornada de Fitur 2025, sucedéronse as presentacións de destino, produtos e atractivos turísticos e varios Camiños de Santiago

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025.- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director xeral da Xunta de Turismo de Xordania, Abdulrazzaq Al Arbiyat, asinaron esta mañá un memorando de entendemento co fin de establecer alianzas estratéxicas na promoción dos Camiños de Santiago e de Exeria. Os dous asinantes recoñecen así a súa vontade de establecer liñas de colaboración conxunta que favorezan o intercambio de coñecemento e de cultura entre os pobos a través dun fenómeno como á peregrinación.

Para iso, desenvolveranse itinerarios culturais que recollerán aspectos históricos, a dimensión espiritual, a mellora do coñecemento entre as sociedades, a sostibilidade e o intercambio de coñecemento que supón a experiencia dos dous itinerarios de peregrinación.

O director de Turismo de Galicia salientou que a comunidade galega e o país xordano teñen na figura de Exeria, a primeira muller peregrina, un nexo común, cando na súa peregrinación Terra Santa visitou o Monte Nebo e o río Xordán.

Xosé Merelles amosouse convencido de que a sinatura deste memorando será o comezo dunha relación moi frutífera que incluirá o deseño de accións de fomento das dúas culturas e a proxección dos dous itinerarios de peregrinación.

Segunda xornada Fitur 2025

A sinatura desta alianza tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde por segundo día, se sucederon presentacións de destino por parte de administracións e entidades. O director de Turismo de Galicia participou nas presentacións de varios itinerarios xacobeos coma o Camiño Portugués da Costa, o Camiño Francés ou o Fisterra-Muxía; atractivos coma os Penedos da Costa da Morte, a media maratón Entre Rías ou o termalismo; destinos coma Barbanza Arousa, Rías Baixas, a cidade de Santiago de Compostela e finalmente, valores da gastronomía galega coma os viños de Valdeorras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%