AD

Actualidad

Investigadores da USC avanzan na procura de bacterias que se alimentan de plástico

today20 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Estas bacterias son de enorme relevancia, posto que dos 430 millóns de toneladas de plásticos que se producen ao ano só se recicla un 14%, mentres que a maioría acaban nos océanos
  • A investigadora da USC Sabela Balboa achegará a alumnado galego os logros do seu equipo, unha iniciativa da RAGC e a Deputación de Pontevedra para fomentar vocacións científicas en Secundaria e Bacharelato

Santiago de Compostela-Pontevedra, 20 de novembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra teñen en marcha o segundo bloque do IV Ciclo de Conferencias “Aida Fernández Ríos”, dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato, co fin de achegar a ciencia e fomentar as vocacións científicas entre a poboación máis nova. Esta iniciativa está coordinada pola catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo. Mañá martes, 21 de novembro, celebrarase unha nova charla, que terá lugar no IES de Cotobade, ás 16:00 horas.

O alumnado, todo de cuarto curso da ESO, asistirá á charla “Pequenas heroínas: bacterias que degradan plástico”, que impartirá Sabela Balboa Méndez. É investigadora Ramón y Cajal no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da Universidade de Santiago.

A experta salienta que “a produción anual de plásticos estímase en máis de 430 millóns de toneladas, das cales só se recicla un 14% e outro 14% incinérase. A maioría, que representa un 72%, acaba no medio natural, e máis concretamente no océano, onde chegan 12,7 millóns de toneladas cada ano, xa sexa en forma de fragmentos grandes ou como microplásticos”.

Balboa explica que “as bacterias viven en todos os ambientes coñecidos, mesmo se adaptaron a vivir nos máis extremos, desde os polos, o cumio do Everest, as fosas abisais mariñas, ata o deserto máis cálido. En cada ambiente evolucionan para seren capaces de alimentarse das substancias que atopan. Así, ata hai bacterias que viven sobre os plásticos. Pero non só son capaces de vivir sobre eles, senón tamén de empregalos como alimento e, polo tanto, de degradalos. É a plastisfera, novos ecosistemas creados nos plásticos”. Nesta liña, a investigadora indica que “estas bacterias convertéronse sen querelo nunhas posibles recicladoras de plásticos cun potencial case ilimitado”.

A investigadora sinala que “as estacións depuradoras de augas residuais reteñen unha elevada porcentaxe de microplásticos, ata un 95%, antes de ser liberados ao mar. A maioría deles quedan retidos nos lodos bacterianos que tratan as augas residuais. E algunhas das bacterias que forman estes lodos especializáronse en empregar materiais plásticos para sobrevivir”.

No transcurso da charla, Sabela Balboa amosará como os investigadores están a buscar estas bacterias e como se están a empregar para degradar e reciclar os plásticos. No Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago no que traballa, están a desenvolver varios proxectos neste eido.  Por un lado, avanzan na procura de bacterias capaces de degradar os plásticos de uso máis común, como o tereftalato de polietileno (PET) das botellas ou o polipropileno das máscaras. Ademais, están a crear unha tecnoloxía de reciclaxe do PET, un dos plásticos máis empregados no día a día,

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%