AD

Actualidad

Maggie O’Farrell, Antón Riveiro Coello e Alejandro Zambra recollerán o Premio Literario San Clemente

today17 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

• Riveiro Coello recibe o galardón na categoría de novela en galego por ‘Hotel Carioca’, Maggie O’Farrell faino no apartado internacional coa obra ‘El retrato de casada’ e Alejandro Zamba consegue o premio na modalidade de novela en castelán por ‘Literatura Infantil’
• Os tres autores compartirán a xornada co alumnado do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, centro organizador do certame, e doutros nove institutos de Galicia, Madrid, Francia, Reino Unido e Alemaña
• O salón de claustros do IES Rosalía de Castro acollerá ás 13.00 horas do martes 25 unha rolda de prensa cos tres autores e a entrega celebrarase ás 18.00 horas no auditorio do propio centro. A cea de honra cos escritores premiados terá lugar no Hostal dos Reis Católicos

O XXVIII Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, celebrará este martes 25 de marzo o seu acto de entrega. Maggie O’Farrell (Coleraine, Irlanda do Norte, 1972), Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) e Alejandro Zambra (Santiago de Chile, 1975) compartirán un amplo programa de actividades co alumnado do IES Rosalía de Castro, así como dos outros nove centros que participan como xurados nesta edición. Ademais, acudirá como público estudantes doutros centros da contorna.

Deste xeito, os tres novelistas uniranse á listaxe de escritores e escritoras premiadas por este prestixioso galardón. Unha listaxe que inclúe nomes como os de Paul Auster, Haruki Murakami, Antonio Tabucchi, Almudena Grandes, Manuel Rivas, Sica Romero, Brenda Navarro, María Reimóndez, Mario Vargas Llosa, José Saramago ou a máis recente Nobel de Literatura, a coreana Han Kang, que se fixo co San Clemente en 2018.

O Premio San Clemente está de aniversario neste 2025 ao celebrar os seus trinta anos de historia, xa que se celebrou por vez primeira en 1995. Culmínase agora a súa 28ª edición, debido ao que o certame viviu un parón durante a pandemia da covid.

Programa y horarios

O programa de actividades ao redor do Premio San Clemente de novela abrirá o martes 25 ás 10.00 horas coas mesas redondas que Maggie O’Farrell e Antón Riveiro Coello ( no seu caso, ás 11.40) manterán co alumnado. Ás 13.00 horas, os tres autores premiados ofrecerán unha rolda de prensa conxunta no salón de claustros do IES Rosalía. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar tamén no auditorio o acto de entrega e xa ás 21.00 horas, celebrarase a tradicional cea entre estudantes e autores/as distinguido/as.

A actividade continuará o mércores 26, día no que Alejandro Zambra manterá senllos encontros con estudantes de primeiro de Bacharelato e de primeiro da ESO ás 9.30 horas e ás 11.15 horas, respectivamente.

No Premio San Clemente de Novela, é o alumnado de diferentes centros educativos quen actúa de xurado. Nesta 28ª edición, os institutos participantes son os seguintes: IES Rosalía de Castro (Santiago), IES do Sar (Santiago), IES de Brión (Brión, A Coruña), IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra), IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo), IES Universidade Laboral (Ourense) e IES Ramiro de Maetzu (Madrid). Tamén participan estudantes do Lycée Santi François Xavier de Vannes (Francia), do Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemaña) e o Hockerill Anglo European College (Reino Unido).

Novela gañadora en lingua galega

Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) editado por Galaxia. En 1982, Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil para non volver. Un día chega a noticia de que Leandro morreu. A familia sospeita que foi asasinado e encárgalle unha complexa misión a Helena: manter a ficción de que Leandro segue con vida para que a avoa non saiba a verdade.

O xurado destacou o pasado mes de outubro no seu ditame “a maxistral construción” de Hotel Carioca para ensamblar “distintas tramas en distintas épocas” e a súa “variedade temática”, na que se abranguen asuntos universais como “a emigración, a familia ou a homosexualidade”.

Novela gañadora en lingua castelán

Literatura infantil, de Alejandro Zambra (Santiago de Chile, 1975), editada por Anagrama. Diario de paternidade, carta ao fillo e ficción pura conviven en extraordinaria harmonía ao longo deste libro. O xurado salientou a “universalidade temática”, a “sinxeleza da narración e o seu dinamismo”, así como tamén “a reflexión que achega sobre a educación e o sentimento de ser pai”.

Novela gañadora no apartado Internacional

El retrato de casada, de Maggie O’Farrell (Coleraine, Irlanda do Norte, 1972) editado por Libros del Asteroide. Florencia, século XVI. Lucrezia, terceira filla de Cosimo de Medici, vese na obriga de casar co prometido da súa irmá falecida, Alfonso D’Este, primoxénito do duque de Ferrara. Trasládase a corte de Ferrara e o único que está claro para a protagonista é o que se espera dela: que proporcione axiña un herdeiro ao título.

Sobre esta obra, o xurado salientou a conxugación de “dúas liñas emerxentes”, a “linguaxe poética empregada”, a ambientación histórica e “o fincapé” que se fai sobre un asunto esencial na vida: “a procura da liberdade”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *