AD

Actualidad

Máis de 15.000 persoas visitaron as arquitecturas non construídas en Compostela

today15 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

14/02/2024 A Casa do Cabido acolle ata o próximo domingo 18 de febreiro a exposición «Santiago proxectado, arquitecturas non construídas».

A Casa do Cabido acolleu durante tres meses unha mostra que permitiu aos visitantes facer un percorrido a través dun total de 14 proxectos arquitectónicos e urbanísticos que non chegaron a construirse na cidade compostelá.

Esta exposición, «Santiago proxectado, arquitecturas non construídas» – comisariada polo historiador e xornalista Fernando Franjo, e a historiadora da arte, Ana Paula Castro, co apoio directo dun equipo de arquitectos coordinado por Paula Franjo Calvo, asesora técnica da mostra – achegou por primeira vez en Compostela e en Galicia, imaxes, planos e proxeccións de ideas que finalmente non foron construídas na cidade e que permanecen no descoñecemento ou esquecidas.

Os 14 proxectos mostrados inclúen obras de arquitectos de renome e prestixio internacional como Norman Foster, Antonio Palacios, Rafael Moneo, Alejandro de la Sota ou Álvaro Siza. Os máis de trinta paneis informativos, medio centenar de planos, recreacións en 3D e reproducións axonométricas dos proxectos dividíronse nas catro salas da Casa do Cabido, organizadas según os espazos de Compostela que os proxectos recrean: A Catedral e a súa contorna, A Alameda e as aperturas de Compostela, O Ensanche e os bordes do casco histórico e Os límites urbanos. As últimas décadas.

A exposición, a primeira destas características na Casa do Cabido, está tendo moi boa acollida tanto por parte de persoas curiosas que se achegan a ela como para diferentes colectivos profesionais e culturais que concertaron visitas guiadas nos últimos meses. A veciñanza de Compostela que se achega á mostra destaca como atractivo o documental sobre o Edificio Castromil, no que se poden ver as imaxes inéditas do seu interior – antes do seu derrubamento en 1975 – e o proxecto realizado para a súa rehabilitación, que tampouco se fixo realidade.

Últimos días

A exposición, gratuita, estará aberta ata o próximo domingo 18 de febreiro na Casa do Cabido, en horario de 10 a 14 y de 16 a 20 de martes a sábado, e o domingo 18 de 11 a 14.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%