AD

Actualidad

O BNG demanda a paralización do macroproxecto mineiro na comarca de Ordes

today4 julio, 2024

Fondo
share close
AD

Presentou alegacións tanto como BNG, como de veciños e veciñas, coincidindo co remate do prazo

Santiago, 4 de xullo de 2024.- Esta mañá presentáronse alegacións tanto como BNG, como individuais, para frear a explotación da mina a ceo aberto proxectada por ERIMSA na comarca de Ordes, afectando aos concellos de Ordes, Oroso, Frades e Mesía. Un macroproxecto mineiro de extracción de seixo, no que se pretende eludir o grave impacto que terá ao se presentar só unha parte do conxunto, deixando o resto como proxectos fragmentados.

O BNG da comarca de Compostela denuncia que a explotación que pretende levarse a cabo “vén sendo unha continuación da lista de despropósitos que a empresa ERIMSA veu cometendo nos concellos da comarca ao longo da historia”, con vertidos recorrentes da balsa de lixiviados que a empresa ten en Frades, denuncias continuadas sobre a extracción de seixo en diferentes parcelas, sen as licencias e autorizacións preceptivas ou co abandono de diferentes zonas nas que explotou os recursos deixando os terreos sen restaurar.

Por isto, e polas alegacións presentadas -que se remiten en documento adxunto-, o BNG entende que “debe concluírse que non se pode aprobar esta concesión derivada do permiso de investigación ANDREA 7137”. Considera, canda isto, que o proxecto incumpre a Lei de Ordenación da Minaría de Galiza, porque non fai referencia aos núcleos de poboación, industria, elementos etnográficos, nin patrimonio histórico-artístico ou fraxilidade visual.

Forte impacto socio-económico

O BNG alerta do forte impacto socio-económico que o Proxecto ANDREA 7137 terá na zona na que pretende asentarse, xa que atinxe aos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso. Un total de 2.500 ha. nas que afecta a 93 explotacións agropecuarias, fundamentalmente lácteas.

Fronte a isto, o BNG defende que a actividade agrogandeira prevaleza sobre os usos mineiros. Máis logo de terse declarado de utilidade pública a concentración parcelaria na zona. Advirte da colisión de dereitos no relativo ás concesións de augas, alén do impacto sobre o ciclo hidrolóxico dos solos afectados, ao se incrementar a escorrentía superficial e arrastre do solo por erosión. Isto ademais do impacto sobre a calidade das augas e sobre a biodiversidade agraria.

Por iso reitera a súa oposición ao proxecto e conclúe que “a relación custos-beneficios fai que non sexa positiva a aprobación de proxectos destas características”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%