AD

Actualidad

O CHUS comeza o ano coas urxencias colapsadas: «Hai pacientes graves nos corredores»

today9 enero, 2024

Fondo
share close
AD

Imaxe: Corredores de urxencias do CHUS do pasado 27 de decembro

 

Os responsables sanitarios do SERGAS e da xerencia do CHUS seguen sen intervir nas urxencias hospitalarias que continúan colapsadas a pesares da redución da demanda asistencial. Onte día 8 de xaneiro, ás 12:30 horas, 24 pacientes graves estaban colocados en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso e adxacentes agardando durante horas a ser atendidos e soportando a vulneración do seu dereito a intimidade e a dignidade. Mentres 40, co ingreso asinado en planta, agardaban por unha cama e ocupaban as zonas de traballo.

De acordo cos datos publicados no pulso do CHUS, nas últimas 24 horas, foron atendidas 456 persoas (136 menos que o día 26 de decembro do 2024 no que se deu o pico de demanda mais elevado nas últimas semanas). O nivel de ocupación das camas da área médica foi do 57 por 100.

O plan de continxencia aprobado o día 29 de decembro non só non está xurdindo efecto algún senón que está servindo para aumentar a demanda asistencial nas urxencias do CHUS ao que se trasladan pacientes de outros centros hospitalarios. Na xornada de onte dous pacientes do hospital da Barbanza foron trasladados ao CHUS ante a falla de espazo para ser atendidos e remataron aparcados nos corredores do servizo.

Os pacientes seguimos pagando sobre o noso corpo e a nosa saúde a incapacidade dos xestores sanitarios para atacar as causas do maltrato asistencial que recibimos no servizo de urxencias e o persoal sanitario vese desbordado por situacións que lle impiden exercer adecuadamente o seu traballo. Ditas causas son coñecidas:
1. A carencia de persoal en planta para abrir camas con persoal sanitario asignado no momento en que se asinan os ingresos hospitalarios.
2. O mantemento de 73 camas pechadas debido a paralización das obras do hospital Gil Casares.
3. A non substitución de persoal de urxencias en baixa temporal por enfermidade.
4. O colapso dos servizos de atención primaria que están a conceder citas con demoras de ata 22 días.

Atallar as causas require dotación de màis recursos para a contratación de persoal, anticipación fronte aos repuntes estacionais da demanda de atención e redefinir as bases estruturais da atención primaria como primeiro nivel de acceso ao sistema. Sen estas premisas o modelo público de asistencia sanitaria está destinado a colapsar no seu conxunto e os pacientes seremos as vítimas.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%