Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2024
• Yolanda Otero lembrou que unha das función da Administración local é dar resposta ás necesidades de coidado da poboación infantil e de conciliación das familias.
• A edil subliñou que, “dende o PP de Santiago, levamos meses lembrando que o BNG segue sen traballar para que Compostela forme parte da rede de cidades amigas da infancia promovida por UNICEF e que conte cun Plan municipal de infancia ou que se cre o Consello municipal da infancia”.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de propoñer a posta en marcha dun programa municipal de atención domiciliaria e de acompañamento á infancia, xa que a capital de Galicia debería ser exemplo de cidade preocupada do benestar das familias. Segundo explica a concelleira popular, “falamos dun recurso que estaría a disposición das unidades familiares con necesidades de conciliación asociadas á organización da vida persoal, familiar e laboral”.
Otero lembra que unha das funcións dunha Administración local é dar resposta os actuais modelos de organización familiar que esixen as necesidades do coidado dos nenos e nenas, polo que debe apoiar ás familias compostelás con recursos que favorezan a unha mellor calidade de vida.
“Dende o Partido Popular, aclarou Otero, incidimos na necesidade da creación dun servizo municipal que brinde apoio ás familias no propio domicilio ou fóra do mesmo que así o requiran en determinados momentos e situacións, cubrindo horarios respecto aos cales hai máis dificultades para atopar servizos que permitan satisfacer a conciliación”.
“Compostela experimentou, nas últimas décadas, un proceso de cambio das estruturas sociais e económicas de grande envergadura, polo que os núcleos familiares enfróntanse aos retos dunha sociedade avanzada, o que implica a necesidade de contar con ferramentas para abordalos e dar resposta as situacións que poidan xurdir”, subliñou.
Yolanda Otero explica que “é importante incidir que, segundo a UNICEF, a dificultade para conciliar constitúe un dos factores do alarmante risco de pobreza ou exclusión social” da poboación infantil en España, e quen ten maior risco son as familias compostas por un só proxenitor, con un ou varios fillos e de conformidade co XIII informe sobre o estado da Pobreza en España de EAPN-Es o 49,2 % das familias monoparentais, a maioría monomarentais, encóntrase o risco de pobreza e/ou exclusión social.
Finalmente, a edil popular subliñou que, “dende o PP de Santiago, levamos meses lembrando que o BNG segue sen traballar para que Compostela forme parte da rede de cidades amigas da infancia promovida por UNICEF e que conte cun Plan municipal de infancia ou que se cre o Consello municipal da infancia”.
Written by: Líder Redacción
atencion domiciliaria infancia noticias compostela politica pp santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)