AD

Actualidad

O PP reiteralle ao Goberno compostelán unha programación cultural para Francisco Asorey

today4 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O vindeiro día 1 de abril, día das Artes Galegas, estará dedicado a este escultor galego, considerado o maior innovador da escultura española do século XX.

O líder popular, Borja Verea, acompañado de María Baleato, mantivo un encontro cos representantes da Asociación Cultural Francisco Asorey, para coñecer o estado da súa obra e a evolución da organización dos actos previstos para o ano das Artes Galegas 2024.

O vindeiro día 1 de abril, día das Artes Galegas, estará dedicado ao escultor galego, Francisco Asorey, considerado, por moitos, o maior innovador da escultura española do século XX.

Así, a concelleira do Partido Popular, María Baleato, reiterou a petición feita xa no Pleno ordinario do mes de xullo, de que se organice unha programación cultural que involucre á veciñanza compostelá para o recoñecemento da súa figura e contando, para iso, coa colaboración doutras institucións e administracións para lograr, entre todos, engrandecela.

O líder popular, Borja Verea, acompañado de María Baleato, mantivo un encontro cos representantes da Asociación Cultural Francisco Asorey, co fin de coñecer de primeira man o estado da súa obra e a evolución da organización dos actos previstos para o ano das Artes Galegas 2024.

“Cando o 4 de marzo conmemórase a data do nacemento do artista, os santiagueses non podemos deixar de renderlle unha homenaxe e non debemos esquecernos de que son moitas as obras que forman parte da paisaxe urbana da nosa cidade, como o monumento a San Francisco; o sepulcro do Cardeal Martín Herrera, no Colexio das Orfas; as estatuas, o escudo e os relevos do Hotel Compostela; e as lápidas de Bernardo Barreiro e as dos reitores Carracido e Gil Casares, entre outras”, subliñou a popular.

Asorey, malia nacer en Cambados, mantivo unha vinculación directa coa cidade de Santiago de Compostela, a través de tres fitos fundamentais: a superación da oposición como escultor anatómico da Facultade de Medicina; do seu matrimonio coa santiaguesa Jesusa Ferreiro, musa das súas obras; e da súa instalación entre as hortas de Caramoniña. Ademais, foi en Santiago onde realizou o groso da súa produción artística ata ao seu falecemento no ano 1961.

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%