AD

Actualidad

O Teatro Principal acolle este luns unha charla para analizar o conflito en Gaza

today14 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O codirector do IECAH, Jesús Núñez Villaverde, e a directora do Comité Español de UNRWA, Raquel Martí, serán os expertos invitados, que tamén terán un encontro informativo cos medios de comunicación na mañá do luns (12 horas, hotel Araguaney)

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Comité Español de UNRWA (Axencia da ONU para refuxiados palestinos) celebrarán mañá luns, 15 de xaneiro, a charla “Palestina: dereitos en risco, humanidade en acción”, en colaboración co Concello de Santiago. O evento comezará ás 19:30 horas no Teatro Principal de Santiago, con entrada gratuíta previa retirada de invitación ese mesmo día na billeteira a partir das 17:30 horas.

A charla contará coa participarán de dous destacados expertos, o codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), Jesús Núñez Villaverde, e a directora do Comité Español de UNRWA, Raquel Martí. De forma previa á xornada, ás 12:00 horas no salón Rahid do hotel Eurostars Araguaney de Santiago, celebrarase un encontro informativo con xornalistas, onde os convidados explicarán como está actualmente a situación en Gaza e a evolución do conflito.

Na xornada da tarde no Teatro Principal, ambos expertos establecerán un diálogo para analizar o contexto xeopolítico de Palestina, destacando os desafíos persistentes que enfronta a súa poboación e examinando de preto a situación de emerxencia humanitaria da franxa de Gaza, onde xa hai máis de 22.000 palestinos mortos e máis de 57.000 feridos.

Jesús Núñez aportará un enfoque xeopolítico da situación sobre o terreo na rexión de Gaza. O experto en relacións internacionais explica que para paliar a situación será preciso tomar o dereito internacional como vara de medida e, por tanto, condenar a quen o viole, sexa Hamás ou Israel; demandar un inmediato algo ao fogo; reforzar a axuda internacional para mitigar no posible as enormes carencias que está sufrindo a poboación de Gaza e Cisjordania; reforzar a UNRWA para que poida cumprir a súa tarefa de asistencia a poboación palestina refuxiada; e insistir en que o que fixo Hamás non serve á causa palestina e o que está a facer o primeiro ministro Netanyahu tampouco serve aos intereses de Israel.

Pola súa parte, Raquel Martí sinala que o que está a pasar en Gaza traspasa xa calquera descrición do horror e a barbarie. “Israel está utilizando la comida, el agua, el combustible, las comunicaciones y la ayuda humanitaria como arma de guerra” –asegura–. Ademais, a directora do Comité Español de UNRWA engade que actualmente non están entrando o número de camións necesarios para atenuar a situación perentoria de dous millón de persoas. “Los bombardeos constantes están impidiendo que podamos llegar a las personas que necesitan la ayuda humanitaria, que llevan días sin poder comer y no tienen acceso a agua potable, con los hospitales colapsados” –afirma–.

Segundo os últimos datos, Martí apunta que o 85 % da poboación de Gaza xa está desprazada internamente, e mesmo 1,4 millóns de persoas refuxiáronse nas instalacións de UNRWA pero, nin sequera estes refuxios da axencia humanitaria son lugares seguros. “Los ataques israelíes afectan tanto a infraestructuras civiles como hospitales, escuelas o instalaciones de las Naciones Unidas. No hay ningún lugar seguro ya en la franja de Gaza” lamenta–.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%