Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 enero, 2025
Xa está en marcha unha nova edición dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, á que a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude destina unha partida de 100.000 euros. No marco deste proceso, ven de abrirse o prazo para a presentación de propostas. Poden realizalas todas as persoas que o desexen, con independencia da súa idade, sempre que as actividades suxeridas estean dirixidas aos mozos e mozas.
A concelleira María Rozas fixo un chamamento a participar na presentación de propostas, e reiterou que para o Goberno é importante que a mocidade teña un papel activo nas decisións que lles afectan, e o obxectivo do Concello é facilitarlles as ferramentas precisas para que o fagan”. A tenenta de alcaldesa lembrou que os procesos de orzamentos participativos “están xa consolidados en moitos municipios, e o ano pasado en Santiago acadamos cifras de participación que demostran que son de interese para a veciñanza, e en particular para os mozos e mozas”.
Xa está operativo, na web https://decide.santiagodecompostela.gal/, o formulario para a presentación de propostas no proceso dos Orzamentos Participativos de Xuventude. Na fase de presentación das propostas pode participar calquera persoa, sen límite de idade, para propor actividades ou programas dirixidos específicamente á mocidade e que aborden calquera temática”. As propostas deben ser viables técnicamente, seren competencia municipal e de interese xeral, e non superar o orzamento de 15.000 euros por actividade.
Despois de seren avaliadas e tecnicamente e seleccionadas as que sexan viables, a votación das propostas está prevista para o mes de marzo. Nesta fase só poderán participar os mozos e mozas nacidas entre 1995 e 2009, empadroadas en Santiago ou que acrediten documentalmente que estudan ou traballan no municipio.
Na edición de 2024, presentáronse 286 propostas. Moitas delas foron agrupadas porque eran coincidentes e, despois da validación técnica, puideron ser votadas un total de 103 propostas. No proceso de votación participaron case 1.200 persoas, o que supuxo un incremento de case o 420% con respecto á anterior edición dos Orzamentos Participativos de Mocidade do ano 2019. Entre as propostas seleccionadas polos mozos e mozas, destacaron as relacionadas co cine, a música, o benestar animal e a saúde.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)