AD

Arte y Cultura

Os Premios Alfredo Iglesias celebran a súa cuarta edición, unha homenaxe á cultura galega

today15 enero, 2025

Fondo
share close
AD

 

Este xoves 16 de xaneiro, o Hotel Congreso de Teo convertirase (20.30 h) no escenario da cuarta edición dos Premios Alfredo Iglesias, unha iniciativa privada liderada por Alejandro Regueiro para homenaxear e recoñecer o talento e a dedicación á cultura galega. O evento destaca por a aposta pola diversidade de disciplinas artísticas, culturais e sociais.

Durante a entrevista con Radio Líder Santiago, Regueiro describiu o seu compromiso coa memoria cultural galega: “Eu creo que hai unha falta de memoria á máis recente e non hai un banco de memoria nos concellos para dixir onde están os legados das persoas que fixeron cousas importantes.”

Os Premios Alfredo Iglesias, nados baixo o paraugas da desaparecida revista Coralia, representan unha evolución da homenaxe cultural galega. “Ao principio eran os premios Coralia, pero no último número da revista decidín transformar a iniciativa e dedicárllela a Alfredo Iglesias,” explicou Regueiro. Alfredo Iglesias, falecido en 2021, foi un artista multidisciplinar e pioneiro en varios eidos culturais, é o núcleo inspirador desta iniciativa.

Un total de 19 persoas e entidades recibirán o vindeiro día 16 os Premios Alfredo Iglesias para recoñecer o seu labor cultural e o compromiso social. Os premiados nesta cuarta edición son Pilar García Negro (escrita), A Banda da Loba (música), Manuel Gago (acción patrimonial), Avelino González (comunicador), Dolores Couceiro (moda), Adegas Vía Romana (gastronomía), Premios Mil Primaveras (promoción da lingua), Olalla Diéguez Boo (ilustración), Asociación Cultural A Mámoa (acción cultural), José Pereira Uzal (ciencia), Romero Masiá (artes), Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (acción solidaria), Aspamite (acción social), Oli Xiráldez (artesanía), Quintana Martelo (traxectoria), Moncho Díaz, de Fuxan os Ventos (premio á memoria), Hydn (artista revelación) e Víctor Manuel Oujo e Ángel Currás (personaxes do ano).

Alejandro Regueiro duranta a entrevista

“Moncho Díaz é unha figura moi importante. Non só foi integrante de Fuxan os Ventos, senón tamén un activista pola cultura galega ata os seus últimos días. O recoñecemento a Moncho foi persoal e merecido,” compartiu Regueiro coa aprobación de Álvaro Veiga, director da emisora compostelá, e quen compartiu con Díaz quince anos de redacción en Radio Obradoiro.

Curiosamente, sete dos premiados deste ano teñen unha conexión directa co Concello de Teo, o que reflicte a riqueza cultural desta localidade. Regueiro destacou que este evento tamén é unha plataforma para dar visibilidade a talentos locais e subliñou a importancia de descentralizar a cultura: “Se sempre dependemos das capitais, os concellos merman culturalmente.”

Os premios, organizados a través dun sistema de candidaturas públicas, son decididos por un xurado anónimo, renovado cada ano. Este modelo busca garantir a imparcialidade e a pluralidade nas decisións, recoñecendo méritos sen interferencias persoais.

Os Premios Alfredo Iglesias non son só unha homenaxe aos galardoados, senón tamén unha chamada á reflexión sobre a preservación da memoria cultural e á celebración do talento galego en todas as súas formas. A través desta iniciativa, Regueiro demostra que a cultura galega segue viva, diversa e merecedora de recoñecemento.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%