AD

Actualidad

Padrón inaugura un monumento ás vítimas polo 25N

today25 noviembre, 2023

Background
share close
AD
  • O goberno local e a veciñanza colocaron unha flor por cada falecida no monumento en lembranza das vítimas situado na praza da Igualdade.
  • Mariló Saco: “Dende o goberno de Padrón apostamos pola concienciación colectiva continua, a educación en igualdade e a unidades social e institucional para traballar cunha son voz”.
  • A concelleira de Muller e Igualdade foi a encargada de ler o manifesto institucional insistindo no compromiso do novo goberno de progreso coa defensa da igualdade e o combate radical de todas as violencias machistas

Padrón.24-11-2023.- O Concello de Padrón completou esta tarde a ampla programación de actos co gallo da celebración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa inauguración dun monumento de homenaxe ás vítimas. Baixo o lema STOP á violencia de xénero, foron moitas e moi variadas as propostas que se puxeron en marcha nos últimos días nun 25N pensado e organizado por mulleres co fin de implicar a toda a veciñanza da vila.

A concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco, inaugurou a placa e o monumento co que o Concello de Padrón quere lembrar ás 52 mulleres asasinadas este ano en España. A medida que se citaban os nomes das vítimas, diferentes persoas asistentes ao acto colocaban unha flor nun gran lazo malva de case dous metros de altura. O acto contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e membros da Corporación. «Con esta escultura pretendemos afianzar un recordo permanente ás vítimas que nos leve á reflexión e a continuar loitando día a día. Para iso desde o Concello de Padrón apostamos pola concienciación colectiva continua, a educación en igualdade así como polas unidades social e institucional para traballar cunha son voz», subliñou Mariló Saco.

Mariló Saco Vigo leendo o manifesto institucional no auditorio municipal

A edil foi a encargada de ler o manifesto institucional no que o goberno local insistiu na mensaxe de que “contra a eiva da violencia de xénero a resposta atópase no feminismo. O feminismo é reparador e transformador», engadiu Saco Vigo quen reiterou o compromiso do novo goberno de progreso coa defensa da igualdade e o combate radical de todas as violencias machistas.

Ás 19.00 horas, o auditorio municipal acolleu a emisión do vídeo da campaña do 25N do Concello. Na peza recóllense as experiencias reais de vítimas de maltrato e reflicte tres dos 31 novos casos atendidos polo Centro de Información á Muller Terras de Iria dende o ano 2020. A peza pódese ver nas redes sociais do Concello e do propio CIM Terras de Iria.

A continuación, entregáronse os premios do III Certame de debuxos e das placas conmemorativas aos centros educativos. Foron máis de 500 os traballos que participaron nesta edición que, ao igual que nas edicións anteriores, están expostas nos escaparates de comercios e locais de restauración da vila padronesa para concienciar fronte á violencia machista.

Alumnas ganadoras do III Certame de Dibuxo do 25N cos directores do CEIP Flavia e Rosalía de Castro, o alcalde e a concelleira de Muller e Igualdade

Os gañadores deste ano no primeiro ciclo foron Carmen Sobrino, de 1ºB do CEIP Flavia, e Clara Viturro, de 2ºB do CEIP Rosalía; no segundo ciclo Virginia López, de 4ºA do CEIP Flavia, e Carla Barreiro, de 3ºB do CEIP Rosalía; e no terceiro ciclo Mariña Sande, de 6ºB do CEIP Flavia e Paula Santiago, de 6ºB do CEIP Rosalía.

Xa ás 20.00 horas, o público desfrutou tamén no auditorio dun vídeoforum sobre a proxección de Matria, a ópera prima de Álvaro Gago que está protagonizada por María Vázquez e foi gañadora de numerosos premios. Tras visionar a película, Feitoría Verde coordinou un coloquio que versou sobre os roles de xénero e a igualdade.

Recoñecemento ás protagonistas do vídeo institucional do 25N. Pola esquerda: Silvia Look, Begoña Villaverde, Anxo Arca, Mariló Saco, representante de Sara Saborido e Clauia Fernández

Con estes actos o Concello de Padrón completou a ampla axenda de citas co gallo do 25N que incluíron, entre outras propostas, a colocación dos sinais de tráfico na estrada de acceso a Padrón, en diferentes rúas da vila, así como na entrada aos centros educativos (CEIP Flavia, CEIP Rosalía de Castro, IES Macías o Namorado e IES Camilo José Cela). Tamén os escolares e a cidadanía tivo a oportunidade de achegarse ata a praza de Macías onde estaba instalados os puntos de información da campaña Agresión Off da Xunta de Galicia contra as agresións sexuais e fixéronse diversas dinámicas coas nenas e os nenos das escolas de educación infantil do municipio.

Ademais, a Oficina Municipal de Voluntariado de Padrón e a Biblioteca impulsaron o venres día 17 un encontro dos clubs de lectura municipais coa escritora Montse Fajardo Pérez para comentar a súa obra Invisibles.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%