AD

Actualidad

Profesionais da dobraxe de Galicia piden «respecto» e mobilizaranse o domingo 17 de marzo

today15 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A Asociación de Artistas de Dobraxe (ADA) fai unha convocatoria para sumarse á manifestación convocada en Santiago de Compostela este domingo, día 17 de marzo, en demanda dunhas condicións laborais dignas. O sector padece desde hai anos unha precariedade insostíbel polo incumprimento dun convenio colectivo conxelado desde 2006.

Todos os profesionais do colectivo da dobraxe en Galicia -un sector que atinxe a unhas 300 persoas entre persoal técnico, de produción, actores e actrices- levan 18 anos cobrando por baixo do que establece a lei.

Ruth Pazo, a esquerda, e Paula Carro, nos estudios de Radio Líder Santiago

O seu convenio, de ámbito galego, abrangue os dous idiomas: galego e castelán. Segundo explican, a dobraxe en galego cóbrase integramente (co salario de 2006), pero a patronal decidiu tornar máis competitivo o traballo en castelán, deixando de retribuír o que está establecido legalmente e pagando un 25 % menos.

Xunto a isto denuncian as ameazas das empresas de non contar con aqueles intérpretes que non acepten traballar por baixo do recollido no convenio colectivo. Neste sentido, Ruth Pazo e Paula Carro, vocais de ADA, denunciaron esta situación nos micrófonos de Radio Líder Santiago. «Trátase de que respecten a industria da dobraxe», asegurando que só querer vivir e traballar en condicións dignas.

Para que as súas demandas se fagan escoitar dunha vez por todas, organizaron unha manifestación para este domingo 17 de marzo que sairá ás 12.00 da praza da Alameda ata chegar á praza de Praterías onde se lerá o manifesto, para despois acudir ata o Riquela, na rúa do Preguntoiro, onde actuarán as bandas SuperGlú e Zest, unha festa en sinal de agradecemento ao apoio recibido.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%