AD

Música

Sesión Vermú

Fondo
share close
Sábado 12:00 14:00
AD

A emisora local de Compostela e comarca ofrece, cada fin de semana, unha ‘sesión vermú’ conducida por Martín Portos baixo o nome de Fórmula Éxitos. Este programa pode escoitarse os sábados e domingos de 12:00 a 14:00 horas na frecuencia 97.7 FM e a través da páxina web www.radiolidersantiago.com. Durante estas horas, os oíntes poden desfrutar dunha selección musical que inclúe éxitos pop e latino, principalmente, así como suxerencias enviadas ao WhatsApp 633 57 17 65.

Esta particular sesión vermú destaca por ser unha radiofórmula presentada íntegramente en galego, unha característica pouco común nas emisoras musicais que se poden escoitar en Galicia. Esta iniciativa fai de Radio Líder Santiago unha das contadas emisoras galegas, e a primeira con sede na capital galega, en ofrecer un programa deste tipo na nosa lingua, reafirmando así o seu compromiso coa produción propia e coa promoción do galego nos medios de comunicación.

 


AD
0%