AD

Actualidad

Sara Naveiro, veciña de Touro, expón as súas creacións no Centro Empresarial do Tambre

today24 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

“A circunferencia dá moito xogo e permite seguir creando e experimentando coa figura”

A mostra “TRES SESENTA” inaugurarase o luns, ás 20 horas, e poderase visitar ata o 14 de xuño

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará o vindeiro luns, 27 de maio, a exposición “TRES SESENTA” da artista Sara Naveiro, ás 20 horas. A mostra poderase visitar no Centro Empresarial do Tambre ata o 14 de xuño, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (recoméndase avisar previamente da visita no teléfono 981 55 28 50).

O título da mostra fai referencia aos graos da circunferencia. Neste conxunto de cadros, Sara Naveiro pon a figura como protagonista e, pola contra do título, de momento, non é unha obra pechada, senón que admite máis creacións. Son algo máis de 20 pezas as seleccionadas para esta exposición, pero quedan pendentes de retomar algunhas outras ou á espera de incorporar novas invencións. “A circunferencia dá moito xogo e permite seguir creando e experimentando coa figura” –sinala a artista–.

A colaxe, acuarela, acrílico e rotuladores son algunhas das técnicas utilizadas xunto coa combinación de cores ou a ausencia delas. Segundo explica a artista, o traballo realizado foi unha constante aprendizaxe, por iso continúa con novas incorporacións.

Nalgún dos cadros a figura é recoñecible, mentres que noutros é de libre interpretación para o espectador. Como exemplo disto, Sara Naveira lembra que nun dos cadros, maioritariamente de cores vermellas, unha amiga súa, que se estreaba na maternidade, viu unha placenta levada polas emocións que estaba vivindo nese momento.

O escritor e mestre Daniel Asorey colabora nesta mostra coas súas palabras, redactando un texto sobre a súa experiencia ao ver os cadros.

Sara Naveiro Mirás naceu en Touro, onde estudou no C.P.I. Fonte Díaz. Despois cursou o bacharelato de artes no IES de Sar en Santiago e, posteriormente o ciclo superior de Deseño e Xoiería na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo da capital galega. Ademais, estivo durante máis de dez anos na Academia de Artes Altaira, co mestre Xurxo Martinho.  Participou en diferentes exposicións conxuntas e algunha en solitario en Malpica, Vimianzo, Boqueixón e Santiago, ademais de na súa vila natal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%