Elimínanse as barreiras arquitectónicas no acceso ao Museo do Pobo Galego
O Concello de Santiago vén de concluír a obra de instalación dunha rampla na fachada oeste do Museo do Pobo Galego, "nunha aposta pola accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas nos espazos públicos", segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez. A actuación consistiu na realización dun itinerario accesible desde a vía pública para o edificio de titularidade municipal que acolle o Museo do Pobo Galego, segundo o proxecto básico e de execución de "Eliminación de barreiras arquitectónicas […]