AD

Santiago de Compostela

347 Resultados / Página 6 de 39

Fondo
AD

Destacado

Pacientes e traballadores denuncian graves deficiencias no transporte sanitario na área Santiago-Barbanza

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o Comité de Empresa da concesionaria do transporte sanitario na área Santiago-Barbanza fixeron público un duro comunicado no que denuncian as graves carencias do servizo de ambulancias, postas especialmente de manifesto durante os colapsos das urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago nos días 9 e 12 de xaneiro de 2026. Segundo explican, desde setembro de 2024 o servizo está xestionado de forma privada pola UTE TSNUX Santiago-Barbanza, integrada polas empresas […]

today3 febrero, 2026

Actualidad

Santiago escolle a proposta que definirá a paisaxe nocturna da contorna da Catedral nas vindeiras décadas

O xurado internacional do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela reuniuse hoxe na cidade para avaliar os anteproxectos das tres propostas finalistas. Da reunión saíu seleccionada a proposta gañadora do certame, que asumirá a redacción do proxecto executivo e a dirección da obra piloto de iluminación da Praza de Praterías. A decisión será dada a coñecer, seguindo os criterios legais previstos para o concurso, a través da Plataforma de Contratación […]

today3 febrero, 2026

Actualidad

Premir te da las claves para superar el ‘bajón’ invernal, uno de los grandes enemigos del opositor

El directivo de Premir analiza el impacto del invierno y la falta de luz en el estado de ánimo de los opositores, alerta sobre el trastorno afectivo estacional y repasa las principales novedades en las convocatorias de oposiciones en Galicia El invierno no solo trae lluvias persistentes y días grises, también supone uno de los momentos más delicados a nivel emocional para quienes preparan una oposición. Así lo explicó Antonio Reyes, directivo de Premir, durante una entrevista en la que […]

today3 febrero, 2026

Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, denunciou hoxe a “hipocrisía” do goberno municipal de BNG e Compostela Aberta pola súa falta de resposta ás peticións de axuda do Banco de Alimentos de Santiago, unha entidade que presta apoio a máis de 1.000 familias da cidade a través de distintas organizacións sociais. “Visitamos o Banco de Alimentos de Santiago para denunciar unha hipocrisía: a do goberno do BNG, a de Compostela Aberta e a da alcaldesa, Goretti Sanmartín, que […]

today3 febrero, 2026

Actualidad

O PSdeG acusa á Xunta de recortar a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo

Bouza denuncia que a Xunta de Rueda non está a garantir a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo e acusa ao Goberno galego de aplicar un novo recorte asistencial que afecta directamente ás familias con menores. O deputado autonómico e secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reclamará no Parlamento que se restitúa a atención diaria e que se garanta unha cobertura estable e continuada da asistencia sanitaria infantil. Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026. […]

today3 febrero, 2026

Destacado

Un preacordo sobre salarios e xornada leva á suspensión provisional da folga do transporte

A folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, prevista para comezar este martes día 3, queda suspendida de maneira provisional tras acadarse un preacordo entre a patronal e os sindicatos UGT e CCOO. A central sindical CIG, pola súa banda, xa avanzou que non asinará dito preacordo. Segundo explicaron fontes sindicais, a suspensión das mobilizacións non supón aínda unha desconvocatoria definitiva. O acordo queda pendente da celebración de asembleas entre o persoal traballador, que deberán […]

today2 febrero, 2026

Actualidad

Marta Abal: “Apoiamos un goberno de esquerda, pero non esta maneira de xestionar”

A edil socialista critica a falta de proxectos, reclama solucións inmediatas ao problema da vivenda, denuncia a situación dos centros socioculturais e alerta da devolución de millóns de euros de fondos europeos. A edil do grupo municipal socialista en Santiago de Compostela, Marta Abal, fixo un duro diagnóstico do estado actual da cidade durante a súa entrevista en Radio Líder Santiago, na que cualificou a situación municipal como unha etapa de “parálise importante” marcada pola falta de ambición política e […]

today30 enero, 2026

Actualidad

A AP-9, escenario de novo de dous accidentes consecutivos en Santiago

A tarde deste xoves estivo marcada por dous accidentes de tráfico na AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela, ambos rexistrados con apenas uns minutos de diferenza. O primeiro deles produciuse pasadas as seis e media da tarde no quilómetro 67 da autoestrada, á altura de San Lázaro. Segundo informou unha persoa particular ao 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía, bateu contra a mediana e deu varias voltas de campá, resultando ferida a persoa que o conducía. Tras […]

today30 enero, 2026

Actualidad

Fochancas e beirarrúas en mal estado: UCIN pide solucións estruturais en Santiago

Santiago de Compostela presenta un estado “moi deficiente” en moitas das súas rúas, estradas e beirarrúas, unha situación que, segundo denuncia UCIN Santiago, é consecuencia directa de “anos de falta de planificación e control” por parte do goberno municipal. A formación local advirte de que o deterioro das vías non é un problema puntual, senón estrutural, con fochancas recorrentes, beirarrúas en mal estado, deficiencias de accesibilidade e riscos tanto para peóns como para vehículos, afectando por igual ao centro urbano, […]

today30 enero, 2026

AD