AD

Actualidad

Verea destaca o investimento da Xunta no Parque de Bombeiros de Santiago, con 1,2M€

today19 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O popular remarcou que un dos principais investimentos do goberno galego para Compostela chega da man da Consellería de Educación, que destinará más de 12 M€ na construción da nova sede do Cesga, que albergará infraestruturas tecnolóxicas avanzadas.

• En relación á taxa turística, Verea destacou que “o PP cumpre e desde o 1 de xaneiro, Santiago poderá poñela en marcha, agora xa lle corresponde ao BNG activala e recadala, polo que imos a esperar a ver se a presa que tiveron en pedila é a mesma que teñen para pola en marcha”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, destacou hoxe o investimento da Xunta de Galicia en Compostela, sobre todo, en asuntos tan demandados como o Parque de Bombeiros, que contará cunha aportación de 1,2 millóns de euros; e unha partida de 2 M€, para a posta en marcha do Centro Galego de Artes Dixitais.

“Con estas contas, o goberno galego contribúe claramente á comarcalización deste servizo tan importante para Santiago e a súa comarca, cunhas cantidades que se dividen en dúas partes: 700.000 euros para a súa execución en 2025; e unha aportación anual de 500.000 máis para o seu funcionamento”, destacou o popular.

Verea subliñou a colaboración e compromiso da Xunta na implementación dunha competencia que non é propia e que lle corresponde aos concellos, xa que dará servizo a Ames, Brión, Teo, Vedra, Boqueixón, Val do Dubra, O Pino, Oroso e Trazo, que supón prestar servizo a un total de 186.468 habitantes, en 994 km2.

Verea manifestou que a Xunta inclúe nestes orzamentos un incremento do 10% para o Consorcio de Santiago e quixo destacar tamén que “o Partido Popular cumpre, e desde o vindeiro día 1 de xaneiro, Santiago poderá por en marcha unha taxa turística, agora xa lle corresponde ao goberno do BNG activala e recadala, polo que imos a esperar a ver se a présa que tiveron en pedila é a mesma que teñen para pola en marcha”.

O popular incidiu, ademais, en que un dos principais investimentos do goberno galego para Compostela chega da man da Consellería de Educación, que destinará máis de 12 millóns de euros na construción da nova sede do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que albergará infraestruturas tecnolóxicas avanzadas.

O novo Cesga suporá un investimento total de 56 M€, dos que 12 dedícanse á construción; 18,6 M€ serán para o Finisterrae IV, o futuro supercomputador que cubrirá tamén necesidades vinculadas á intelixencia artificial; e o resto para o desenvolvemento de novas capacidades que impulsen o ecosistema de computación cuántica en Galicia, e para o aumento da capacidade de almacenamento de datos de gran valor engadido.

“Trátase do mellor exemplo da Galicia futura, que será posible grazas á acción dun Goberno estable e que ten en Compostela un dos seus referentes, como o demostra este proxecto, que nos porá na vangarda en Europa e dará servizo aos nosos científicos e ás nosas empresas”, subliñou.

Este departamento do goberno autonómico tamén levará a cabo a construción da nova facultade de Farmacia, con 12M € e investirá 17 M€ en distintos centros de investigación, polo que entre 2024 e 2027: o Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS); o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS); e o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS); ademais do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e ao Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS).

Tamén contará con orzamento o centro de investigación empresarial, de Mestrelab, especializado en software científico para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico, que está a recibir 4,2 M€ da Xunta e a súa última partida inclúese nestes Orzamentos.

Sinalar tamén que a Xunta xa ten investidos 5,5 M€ na reforma, ampliación e modernización de 13 centros educativos en Santiago, a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que comeza a súa segunda fase, na que se investirán uns 9,2 M €, en actuacións como: a ampliación do IES Eduardo Pondal; a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II; a renovación da cuberta e dotación dun ascensor do IES Rosalía de Castro; a renovación da cuberta do IES Pontepedriña; e melloras no Centro Integrado de FP Politécnico.

Imelga e vivenda

Dentro destas contas, a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que aumenta o seu orzamento en máis de 2,2 millóns de euros respecto ao exercicio anterior, levará a cabo a construción da nova sede do sede Imelga, que mobilizará 4,8 M€ e reforzará a este organismo entre os referentes da investigación médico-científica legal en España.

Esta obra converterá á cidade nun referente en Galicia con instalacións modernas e axeitadas para o desenvolvemento das funcións médico forenses, o que significa un importante avance na mellora das instalacións sanitarias e dunha aposta do goberno galego por priorizar os investimentos en investigacións médico-científicas e legais.

No eido da Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Xunta procederá á construción de vivenda de promoción publica en zonas como Lamas de Abade e o Castiñeiriño, entre outras, ao cal se destinan 7,4 M€, o que, resalta Verea “permitirá facilitar ao acceso a vivenda as familias con mais dificultades de acceder ao mercado libre”.

Por outra banda, explicou Verea, “a Xunta abrirá, en 2025, o primeiro centro de Coidados Intermedios Público de Galicia, que contará con 60 prazas de atención agrupadas en catro unidades de convivencia para un máximo de 15 persoas cada unha delas e se atenderán a persoas que reciben a alta hospitalaria, prestándolles a axuda e rehabilitación que necesiten para completar a súa recuperación antes de volver aos seus domicilios ou centros residenciais Este servizo funcionará a modo de ponte entre a atención sanitaria e social.

Así mesmo, o goberno galego destinará medio millón de euros no novo centro de crise 24 horas.

Entre outros investimentos para a capital de Galicia, destaca os162.000 € para o polígono da Sionlla; 700.000 para o xardín solar do Monte do Gozo; case 1 M€ a poñer en marcha a Oficina técnica de apoio á economía circular, que brindará asesoramento experto ás entidades locais para fomentar a xestión responsable e ecoeficiente dos residuos e alongar ao máximo a súa vida útil.

Ademais de dar un impulso á rede pública de centros e entidades de formación para o emprego en Santiago, con preto de tres millóns para o Centro de Novas Tecnoloxías e o CIFP Santiago; 1 M€ para mellorar a eficiencia enerxética do CGAC; e reforzarase o compromiso coa conservación e posta en valor da Catedral.

“Cun impacto especial na cidade, pero, en xeral, con repercusión para toda Galicia está o investimento para a finalización da obra do edificio do Centro de Protonterapia, ao que se destinarán preto de 10 millóns de euros. O propósito é poder atender os primeiros pacientes no ano 2026 , subliñou Verea. Así mesmo, tamén hai investimentos para ampliación do CHUS (10,8 M€) ou a reforma do Centro de Saúde de Conxo (4,3 M€), actualmente en curso e cuxa finalización está prevista en 2025.

Orzamentos

O Partido Popular de Santiago destaca que estamos a ante os orzamentos máis altos da historia, que ascenden a 13.954 M€, dos que a Santiago corresponderanlle máis de 570 millóns, unhas contas que medran un 2,6%, sen recorrer a novo endebedamento.

Así, o gasto social supera, por primeira vez, os 10.000 M€, o que representa o 74% do Orzamento, 5.434M€ para a sanidade pública; e realízase un esforzo na construción de vivenda pública; ademais de que o crecemento económico prevese que suba do 2,1%; acadándose máis emprego, co obxectivo de reducir a taxa media por debaixo do 9,1%; e recadaranse menos impostos, ao reducir o imposto de sucesións e outorgarse axudas fiscais para a vivenda.

Así mesmo, cabe sinalar que as contas de 2025 aumentan nun 5% o investimento para reforzar a actividade empresarial e para impulsar o crecemento futuro de Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%