AD

Actualidad

Arzúa convírtese este sábado na capital do judo

today14 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O pavillón do Viso en Arzúa será este sábado o escenario dunha auténtica festa do judo, acollendo a 350 judocas de toda a comarca de Santiago na XI Gala de Judo Batsugun, organizada polo Compostela Judo Club. Esta reunión, que comezará ás 10 da mañá e contará con tres quendas ao longo do día, promete ser un evento espectacular que celebrará o final da tempada de judo con subidas de cinturón e o peche de campaña.

Compromiso coa Promoción do Deporte

«Continuamos co noso compromiso de potenciar o deporte como alternativa de ocio. Aumentar a oferta deportiva e os eventos deportivos é a mellor maneira que temos de amosar que o deporte é un estilo de vida saudable e unha alternativa de lecer divertida, para todas as idades e públicos,» subliñaba Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa.

Unha cita imprescindíbel para os judocas e as judocas galegas

A Gala de Judo Batsugun non só reúne as e aos mellores judocas da comarca, senón que tamén serve como unha plataforma para que os deportistas e as deportsitas amosen o mellor de si mesmos na loita polo ansiado cinturón. O evento promete ser unha xornada chea de emoción, técnica e compañeirismo, onde os familiares, profesores e colaboradores poderán disfrutar do talento e a dedicación destes deportistas.

O sábado, o pavillón do Viso será un verdadeiro templo do judo, celebrando non só o deporte, senón tamén os valores de disciplina, respecto e superación que este arte marcial promove.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%