Arzúa convírtese este sábado na capital do judo
O pavillón do Viso en Arzúa será este sábado o escenario dunha auténtica festa do judo, acollendo a 350 judocas de toda a comarca de Santiago na XI Gala de Judo Batsugun, organizada polo Compostela Judo Club. Esta reunión, que comezará ás 10 da mañá e contará con tres quendas ao longo do día, promete ser un evento espectacular que celebrará o final da tempada de judo con subidas de cinturón e o peche de campaña. Compromiso coa Promoción do […]