AD

Actualidad

Ferrecal acolle a presentación de Oliver Stević como xogador do Monbus Obradoiro

today6 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

O xogador, que conta con máis de dez anos de experiencia na máxima categoría do baloncesto español, chega a Santiago para achegar todos os seus coñecementos á loita por volver á Liga Endesa.

Un veterano xogador serbio presentado nunha empresa que tamén conta con moita experiencia no seu sector, o da ferretería, fontanería, calefación e climatización. O lugar escollido serviu para renovar a vinculación de Ferrecal co club compostelán, ampliando unha relación que os une tanto ao primeiro equipo como coa súa canteira, dándolle nome ao equipo cadete, Ferrecal Obradoiro.

Para un club como o Monbus Obradoiro sempre é un placer renovar os seus acordos con empresas que están tan vinculadas ao deporte e que axudan e achegan enerxía e medios ao club.

Na súa presentación, Oliver Stevic afirmo saber o que busca, “un equipo que aspira a ascender”. Antes de chegar xa coñecía o seu rol no Monbus Obradoiro, polas conversacións que tivo con Gonzalo Rodríguez antes de fichar: “Con todas as palabras que me dixeron e que escoitei foi unha decisión fácil vir a Santiago”.

Sobre o inicio da competición afirma “que todos os xogadores non queren adestrar, se non xogar. Foron tres semanas de duro adestramento, pero sen lesións, algo moi importante, xa que podemos rotar e entrar de forma correcta. Temos moitas ganas de saír mañá á pista e poder xogar o noso primeiro partido oficial”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%