AD

Comarca

A Baña presenta un ciclo de monólogos dentro do programa Outono Cultural

today16 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • As risas e o bo humor chegarán da man de pezas como ‘Monólogos 3 en 1’, ‘Marcho que teño que marchar’, ‘Vicio houbo sempre’, ‘E ti de quen ves sendo’ e ‘Enredadas’

A Baña. 16-09-2024.- O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, presenta unha nova edición do seu programa Outono Cultural co ciclo Outono de Monólogos.

As actuacións comezarán xa este venres 20 de setembro da man de Debullando Teatro e o seu Monólogos 3 en 1 cargado de gargalladas e bo humor.

No mes de outubro a cita é coa compañía Inventi Teatro, que o venres 4 ofrece Marcho que teño que marchar. Trátase dun emocionante e divertido espectáculo unipersonal protagonizado por Bea Campos que ofrece un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, as herdanza culturais e as tradicións familiares.

O mes de novembro estará repleto de humor e teatro, con tres espectáculos programados. O día 8 de novembro, Xarope Tulú achegará ao público a obra Vicio houbo sempre onde Atenea García recolle historias de vía nas marxes de mulleres maiores de 85 anos. Estas charlas acaban, en moitas ocasións, falando de pracer e sexualidade, de cousas supostamente prohibidas tempo atrás, deixando entrever que cousas como chegar virxe ao matrimonio sucedía, pero non sempre.

O día seguinte, o 9 de novembro, Debullando Teatro volverá ao escenario, desta vez en Lañas, cunha nova función titulada E ti de quen ves sendo ás 19:00 horas.

O ciclo pecharase o venres 22 de novembro coa actuación de Leti da Taberna que presentará Enredadas. Neste monólogo Leticia Miraz explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día, provocando que o público se vexa identificado coas situaciónsque se presentan e acabe ríndose de si mesmo.

Todas as actuacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20.30 horas excepto E ti de que ves sendo que terá lugar en Lañas ás 19.00 horas.

Este Outono de Monólogos está organizado co apoio da Deputación da Coruña, ofrecendo unha programación variada e de calidade para todas as idades, que promete encher de risas e bo humor as tardes de outono á veciñanza do Concello da Baña.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%