AD

Actualidad

O BNG do Pino reclama que os taxis do concello poidan operar no Aeroporto de Santiago

today20 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Presenta unha moción na que demanda ao goberno municipal que se dirixa á Xunta para que teñan dereito a recoller persoas nas instalacións

Propoñen que se concedan permiso ao sector dun concello «no que está instalado unha parte importante do aeroporto e á que se lle quitaron de maneira inxusta»

O Pino, 20 de xuño de 2024.- O BNG do Pino, a través do seu portavoz Xosé Luís Vidal Brocos, solicita ao goberno municipal que demande á Xunta a concesión de permisos para que os taxis da localidade poidan recoller persoas no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro e trasladalas ao seu destino. Defende que é de xustiza xa que boa parte das pistas de aterraxe ocupan terras da parroquia de Pereira, no concello do Pino.

«Que os taxis do Pino non poidan operar no aeroporto Rosalía de Castro que ten boa parte das instalacións en territorio do noso concello é unha situación que fuxe de toda lóxica e que é tempo xa de reparar», sinala o portavoz nacionalista do Pino, Xosé Luís Vidal Brocos, que ven de presentar unha moción para conseguir que se poña fin a esta «discriminación» que só concede permiso aos autos de Santiago de Compostela.

O BNG do Pino pon en valor na súa moción que boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe do aeroporto están precisamente en territorio da parroquia de Pereira, pertencente ao seu concello, e outras, menos, en Loureda, no de Boqueixón. Sen embargo, as 29 licenzas de taxi que contan con permiso pertencen na súa totalidade ao concello de Santiago de Compostela, sen que estea previsto que se outorguen autorizacións aos do Pino.

«Neste momento, o volume de operación da terminal é elevado e non é raro ver taxis doutras localidades que achegan persoas a un aeroporto que incrementou considerabelmente o seu tráfico aéreo «, sinala Xosé Luís Vidal.

Por iso, considera, como plasma a moción, que «resulta especialmente gravoso para taxistas do Pino e Boqueixón que, a pesar de que o aeroporto se instalou tamén en terras dos seus concellos, non poidan recoller pasaxeiros na terminal dada a súa localización no concello compostelán». Destaca tamén que esta prohibición non foi sempre así xa que na década dos oitenta tiveron recoñecido o dereito a operar na terminal de Santiago.

Dado o asentamento do aeroporto en varios concellos, «parece obrigado e lóxico que  taxis dos tres concellos poidan operar nunha infraestrutura de transporte tan relevante e que move tantas persoas, apoiando tamén ao sector en localidades que máis o necesitan, como acontece noutros aeroportos galegos».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%