AD

o pino

62 Resultados / Página 1 de 7

Fondo
AD

Comarca

O Pino recupera a súa media maratón o sábado 2 de agosto

A proba de 21 quilómetros desputarase entre a capela da Madalena de Arzúa e a Casa Consistorial do Pino O Camiño Francés acollerá tamén unha proposta de 8 quilómetros, mentres que a rapazada terá circuítos de 3 Km e de 1,5 Km O alcalde, Manuel Taboada, subliña na presentación o privilexio de correr polas fermosas paraxes do Camiño de Santiago  O Pino. 17-7-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, presentaron […]

today18 julio, 2025

Sucesos

Un ferido tras saírse da vía en Arca (O Pino)

Nesta mañá de venres produciuse un accidente de tráfico no concello de O Pino. Sobre as 9:45 horas, os servizos de emerxencia do 112 Galicia recibiron a alerta dun vehículo fóra da estrada no lugar de Samil, na parroquia de Arca. Segundo información do 112, o condutor, único ocupante do coche, atopábase consciente e accesible no momento da atención. Con todo, presentaba feridas na cara e queixas de dor no peito como consecuencia do impacto. Ao lugar acudiron unha ambulancia […]

today11 julio, 2025

Comarca

O Pino convoca o primeiro Concurso de Murais urbanos con motivo da Festa do Galo

  Poderán participar persoas residentes en España maiores de 16 anos que teñan feito outros murais ao aire libre A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio ademais da pintura, e deberá rematar a obra antes do 1 de agosto A zona elixida para facer o graffiti é o muro de 43 metros cadrados que está no espazo de lecer da rúa do Concello As obras versarán sobre o Concello do Pino como última etapa do Camiño Francés ou sobre […]

today4 julio, 2025

Comarca

O Pino sacará a licitación o SAF para o vindeiro ano por 666.000 euros

• O Concello estima dedicar cada ano 28.000 horas de atención á veciñanza, 25.072 na modalidade de dependencia e 2.928 horas en libre concorrencia • O alcalde destaca que Concello e persoas usuarias deben pagar a metade do servizo, pois Xunta e Deputación só aportan 12 €/hora • O Pleno tamén aprobou o estudo económico financeiro para establecer as tarifas do abastecemento e depuración de auga • O regulamento da piscina municipal de Lameiro foi aprobado por todos os concelleiros […]

today26 junio, 2025

Comarca

As obras gañadoras dos ‘Encontros con Seoane’ no Pino xa poden verse no CPI Camiño de Santiago

• Os traballos de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García foron reproducidos nun muro do centro educativo • O proxecto busca achegar a figura de Luis Seoane ao alumnado e darlle visibilidade ao talento artístico local O Pino.17-6-2025.- O CPI Camiño de Santiago loce un novo mural realizado a partir das obras gañadoras da primeira edición de Encontros con Seoane, unha iniciativa impulsada polo Concello do Pino e polo centro educativo para achegarlle ao alumnado a figura e obra […]

today17 junio, 2025

Comarca

O Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia

A veciñanza poderá gozar de oito visitas aos areais galegos os mércores de xullo e agosto O prezo é de 10 euros por viaxe para persoas adultas e de 5 euros para menores de 13 anos O Pino.16-6-2025.- O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle ofrece á veciñanza a oportunidade de gozar da costa galega durante os meses de verán. As saídas realizaranse os […]

today16 junio, 2025

Comarca

Máis de medio cento de persoas participaron en Pereira na cuarta edición do Pino Aventura

Achegáronse ao Pino grupos de Lugo, de Vigo, de Cambados, de Moaña ou de Ponteareas Escadrón suicida, trío do Pino, impúxose na categoría de maiores de doce anos e AntonIagos, de Santiago, na de pequenos piñeiros O Pino. 2-6-2025.-  Escadrón suicida, o único equipo do Pino participante, alzouse como o flamante vencedor dunha nova edición do Pino Aventura, iniciativa coa que o Concello busca  fomentar a práctica de exercicio ao aire libre, o espíritu de equipo e dar a coñecer […]

today2 junio, 2025

Comarca

Homenaxe en O Pino a don José polos seus 65 anos de servizo sacerdotal

José María García Vázquez descubriu unha placa na igrexa de Lardeiros que recorda a súa chegada á parroquia no ano 1960 Converteuse tamén en párroco de Gonzar en 1988 e de Pastor en 1990 O alcalde, Manuel Taboada, cualificouno de referente espiritual e humano e entregoulle unha placa en nome do Concello Unha obra de teatro pechou o concorrido xantar popular  O Pino. 2-6-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañou este pasado domingo, os máis de trescentos veciños que […]

today2 junio, 2025

Destacado

Máis prazas no bus de O Pino a Santiago tras a denuncia do alcalde en Radio Líder

A Xunta de Galicia decidiu reforzar a liña de transporte público que conecta o concello de O Pino con Santiago de Compostela, engadindo un autobús con máis de 70 prazas no servizo das 08:20 horas. A medida chega apenas 24 horas despois de que o alcalde do municipio, Manuel Taboada, denunciase en Radio Líder Santiago a falta de capacidade do servizo, que estaba a deixar fóra a usuarios habituais, especialmente estudantes. Durante a maior parte do ano, a demanda cúbrese […]

today22 mayo, 2025

AD