AD

Actualidad

O PSOE interpela ao goberno local pola regularización da cesión de espazos do Pazo de Raxoi á Xunta

today22 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • Lembra que os acordos polos que se cedeu parte do edificio á administración autonómica exceden os 40 anos e reclámalle a Sanmartín que aborde esta cuestión na vindeira reunión co presidente Rueda
  • Guinarte insiste en que esta sería unha oportunidade para negociar a apertura ao público de zonas que “apenas son utilizadas polo goberno galego”, necesario para xustificar os fondos europeos que financian a rehabilitación do Pazo

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024.- O acordo de cesión dos espazos do Pazo de Raxoi á Xunta de Galicia exceden xa os 40 anos e están “en precario”. É o que alerta o Grupo Socialista que interpelará no vindeiro pleno ao executivo de Sanmartín por esta cuestión, instando á alcaldesa a abordar este tema na reunión que manterá co presidente Rueda nas vindeiras semanas.

A cesión de usos por parte do Concello de Santiago á presidencia da Xunta de Galicia está regulada inicialmente por un acordo plenario de 1978 ao que lle sucederon outros tres acordos plenarios en xaneiro de 1982, novembro de ese mesmo ano e en febreiro de 1983. Agora, pasados máis de 40 anos de vixencia de este acordo, defende o socialista que conviría redactar e aprobar un novo acordo de cesión de espazos.

Sindo Guinarte, defende a necesidade de “regularizar” a situación da cesión de espazos, máis aínda, “de cara a poñer en valor o edificio e abrir ao público espazos que hoxe non se poden visitar e apenas son utilizados pola administración autonómica”. E é que, segundo lembra o edil socialista, os tres millóns de euros que o Concello recibe dos fondos Next Generation a través do Ministerio de Turismo para a mellora do edificio, ligan a axuda á apertura do Pazo a visitas de turistas e cidadanía en xeral.

Entre as actuacións previstas en este programa de rehabilitación que conta con fondos europeos están a reforma da segunda e terceira planta, con melloras na accesibilidade e a instalación de un ascensor que unirá os sótanos co edificio principal, así como a restauración da capela que se atopa no interior de Raxoi.

“É necesario abrir ao público Raxoi para xustificar a inversión do goberno de España neste edificio singular da nosa cidade” explica Guinarte, que preguntará no pleno da Corporación da vindeira semana por esta cuestión ao goberno local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%