AD

psoe

115 Resultados / Página 1 de 13

Fondo
AD

Comarca

O Concello de Ordes á cola dos concellos galegos en gasto social: só 4,56 € por habitante

  Ordes, [27/06/2025] — O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ordes, a través da concelleira Noelia Rivadas López, levou ao último pleno municipal unha pregunta dirixida ao alcalde en relación cos datos recollidos no Informe de Fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia do Exercicio 2023, elaborado polo Consello de Contas de Galicia. Segundo este informe, o Concello de Ordes investiu en gasto social tan só 4,56 euros por habitante, o que o sitúa no posto 296 de […]

today27 junio, 2025

Actualidad

Bouza presenta unha Executiva «plural, experta e comprometida» para liderar o cambio en Santiago

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2025. O recentemente proclamado secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago, Aitor Bouza, quixo trasladar o seu agradecemento á militancia socialista tras ser elixido para revalidar a Secretaría Xeral da agrupación local. “Grazas de corazón por volver confiar neste proxecto colectivo. Esta non é unha responsabilidade individual, senón compartida por todas e todos os que queremos un Partido vivo, útil e preparado para recuperar a Alcaldía de Santiago”, sinalou Bouza, destacando o proceso de […]

today7 junio, 2025

Actualidad

Aitor Bouza presenta a súa candidatura á reelección como secretario xeral do PSOE en Santiago

O actual dirixente ao fronte da dirección local reivindica “un partido activo, aberto á cidadanía e cun proxecto ilusionante para recuperar a alcaldía” Chama á militancia a seguir o camiño iniciado “de maior proximidade, mobilización e defensa dun modelo de cidade máis xusto e vivible”. Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025. Aitor Bouza presentará a súa candidatura ao proceso interno aberto no PSdeG-PSOE de Santiago co obxectivo de renovar a Secretaría Xeral local e a súa executiva. O […]

today5 junio, 2025

Actualidad

Os socialistas de Santiago esixen unha resposta firme fronte aos discursos de odio LGTBI

Guersindo Guinarte insta a todos os grupos municipais a apoiar a moción socialista para que se transforme nunha declaración institucional de unidade e compromiso. A proposta inclúe reforzar a atención ás vítimas, impulsar campañas de sensibilización e reclamar á Xunta máis recursos para aplicar con eficacia a Lei LGTBI galega. Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025. O voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, anunciou a presentación dunha moción no Pleno do vindeiro 3 […]

today30 mayo, 2025

Destacado

Guinarte sospeita dun uso irregular dos fondos do grupo municipal socialista: “Se é certo, é gravísimo”

O portavoz socialista no Concello de Santiago analiza a crise interna do partido, defende unha oposición construtiva e afasta o risco dunha moción de censura. “Non houbo unha loita ideolóxica, senón persoal”, afirmou. Nunha extensa entrevista en Radio Líder Santiago, o portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, fixo balance da crise interna que sacudiu ao PSOE compostelán nos últimos meses. Cun ton sereno pero directo, describiu a situación como “un proceso longo e doloroso, mesmo no plano persoal”, e […]

today21 mayo, 2025

Destacado

Los cuatro ediles expulsados del PSOE compostelano pasarán al grupo de No Adscritos este viernes

  El PSOE de Santiago afronta este viernes la salida de cuatro concejales de su grupo municipal tras su expulsión del partido. Los afectados —Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro y Marta Álvarez— han presentado un recurso judicial para paralizar la medida y mantenerse en el grupo hasta que se resuelva su caso. Sin embargo, salvo que el Juzgado de Primera Instancia número 3 de Santiago acepte sus medidas cautelares, el pleno extraordinario del viernes 16 ratificará su pase a la […]

today12 mayo, 2025

Actualidad

Rosón defende a non reconversión “masiva” dos baixos comerciais en “vivendas de segunda”

A edil socialista cuestiona que a Xunta de Galicia incluíra na lei de acompañamento dos orzamentos unha disposición para desregularizar esta cuestión e permitir unha conversión xeneralizada dos baixos en vivenda “Non pode ser que o PP, que leva 16 anos sen facer política de vivenda, agora pise o acelerón pasando por enriba das competencias urbanísticas dos Concellos”, afirma Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025.- O Grupo Municipal Socialista apoiará o rexeitamento desde Raxoi a implantar o cambio […]

today24 marzo, 2025

Actualidad

Crise no socialismo compostelán: expulsións, denuncias e loita nos tribunais

Comunicado Grupo Municipal Socialista de Santiago: Somos socialistas. E iso non hai resolución nin decisión de organización algunha que o poida cambiar. Porque ser socialista implica crer nun mundo máis xusto e defender unha sociedade baseada na igualdade. Implica defender os valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade. E nós, seguiremos a defendelos co noso traballo no Concello de Santiago de Compostela ata o 2027, cumprindo o compromiso acadado coas nosas veciñas e veciños que nos apoiaron nas últimas […]

today15 marzo, 2025

Actualidad

Críticas do Grupo Municipal Socialista ao PSdeG local polo «teatrillo» na negociación dos Orzamentos

Comunicado do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela relativo á votación do proxecto de Orzamentos 2025: "Cabe preguntarse en que mellorou a calidade de vida das nosas veciñas e veciños despois do “teatrillo” que realizaron estes días, a conta dos orzamentos, a dirección local do PSdeG de Aitor Bouza e Marta Santullano coa complicidade de Gumersindo Guinarte e Marta Abal. Cabe preguntarse tamén en que mudaron uns orzamentos que xa estaban pechados desde hai un mes para que, o […]

today26 febrero, 2025

AD