Santiago pon en marcha un novo e ambicioso programa de Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno vén de adxudicar, nunha sesión extraordinaria, a xestión do Servizo de Axuda no Fogar á UTE SIAD24-Asistenzia Santiago. O prezo do contrato, de dous anos de duración, será de 12,7 millóns de euros, a totalidade do orzamento previsto na licitación. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, mostrou o seu desexo de que "con esta adxudicación vexamos un antes e un despois no SAF, e consigamos os obxectivos que tiñamos fixados […]